Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Lourenzá resposta ás demandas da oposición en relación aos Servizos Sociais

Nota de prensa:
E como non saben, inventan a fin de saír na prensa

A OPOSICIÓN LAURENTINA ESTÁ PERDIDA EN CANTO A SERVIZOS SOCIAIS

Minte o BNG cando dí que os recortes afectan aos Servizos Sociais

O PSOE confunde publicacións no DOG con promesas electoralistas

O deputado autonómico Ismael Rego debería canalizar a súa escasa actividade en beneficio dos veciños e non en demagoxia

Lourenzá, 24 de setembro do 2011.- En dias pasados o BNG de Lourenzá afirmaba que o Concello estaba a efectuar recortes en Servizos Sociais, neste senso, minte descaradamente. No Concello non se rechazou ningunha solicitude formulada para axuda a domicilio, e non só non se reduciron horas senón, como xá informaba a Concelleira de Servizos Sociais, Emma Alvarez, aos médios de comuniciación, increméntanse os casos de atendidos en Axuda a Domicilio tanto en Dependencia como en Libre Concorrencia.

Os Concellos debemos xestionar os recursos públicos có máximo rigor e eficiencia, e neste senso non podemos pasar por alto as necesidades dun colectivo que para o Grupo Municipal é prioritario. Si nun momento dado, algún usario ve reducido as horas de asistencia, pode ser para atender un caso puntual e urxente, tal como recolle o regulamento, pero o servizo restablecese en escasos días.

Precisamente nos próximos días empezará unha nova persoa a traballar en asistencia a domicilio para dar cumprimento aos novos casos incorporados a este servizo. O Concello de Lourenzá a día de hoxe non ten ningún caso de Dependencia en lista de espera.

En canto as afirmacións do PSOE laurentino, despois da visita no día de onte da Delegada da Xunta ao Centro de Día pouco hai que dicir. Este abrirá as súas portas o vindeiro luns día 3 despois de varios procesos administrativos iniciados na primavera, neste senso é rotundamente falso que o equipo de goberno fixera promesas electoralistas, tan só se limitou a facer público entre os veciños unha resolución publicada no DOG.

A concelleira de Asuntos Sociais e tamén Deputada Autonómica quixo tamén contestarlle ao Parlamentario Isamael Rego en relación as afirmacións feitas por este último en torno ao Centro de Día, neste sentido, cree que os laurentinos non se merecen que os utilice para xustificar a súa escasa actividade e que ten asuntos moito máis importantes en relación aos servizos sociais e ao partido político no que milita, xa que o Goberno de Zapatero e Rubalcaba nun están a cumplir a lei de Dependencia na que lle correspondía ao goberno central sufragar o 50% dos custos e na actualidade é a Xunta de Galicia a que está a correr con máis do 60 % dos mesmos, e respecto a isto, non lle oímos dicir nada.

Ademáis tamén lle recordo que si os concellos e a Xunta estamos vivindo momentos delicados de financiación é en gran medida por culpa do Goberno socialista, non só por levar o país a onde hoxe se atopa senón que tamén a consecuencia dos incumprimentos de financiación autonómica.

Dende Lourenzá prégolle ao Sr. Rego que deixe de facer demagoxia electoralista e que canalice a súa escasa actividade en beneficio dos veciños, como por exemplo a mediación ante o ministro Blanco para que faga realidade o mandato do Parlamento Galego en relación ao enlace da autovía A8 coa carretera autonómica ao seu paso polo noso Concello.

Exit mobile version