Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo mariñán de música tradicional galega Tumba e Dálle cumpre un ano desde o seu debut

Nota de prensa

Tumba e Dálle cumple un ano.

O grupo, que fai música tradicional galega, aglutina músicos de diferentes localidades da Mariña.

O 18 de setembro de 2010, debutaba na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, o grupo Tumba e Dálle. E facíao na I Festa de Exaltación do Cemento e acompañando no cartel a grupos e artistas xa consolidados no panorama cultural galego. A boa acollida que tiveron ese día non fixo máis que  incitar unha xa de por sí ampla ilusión pola música, por disfrutar tocando, e porque outros poidesen disfrutar con eles. Foi o comezo dunha de momento breve pero intensa traxectoria. Un ano no que destacan actuacións  coma a xa citada Festa de Exaltación do Cemento, a Festa do Mexilón en Vilanova de Arousa , a cada vez máis consolidada cita de música galega como é o San Caetano, en Celeiro de Mariñaos, a Festa Folk Elimar ou a Foliada do Emigrante ademáis dun bo número de festas e actuacións en locais da zona.

A nivel organizativo, no mes de Abril, levaron a cabo a Foliada Tumba e Dálle na ribadense parroquia de Rinlo aínda que a sede social da formación atópase en San Miguel. Non descartan, non obstante, facer máis edicións en diferentes lugares despois do éxito da primeira na que acadaron reunir a máis de cen músicos da zoa.

No futuro, pola cabeza destes mariñáns pasa o seguir disfrutando, o tentar que o público disfrute do seu ritmo e o seguir mostrando con orgullo o rico repertorio tradicional galego. Iso sí, despois de pasar polo tamiz “tumbeiro”. Porque esa é a esencia do seu repertorio, pezas tradicionais ás que eles lles introducen os seus arranxos, o que os dota dun son propio. Son que quen sabe se algún día poderemos atopar nas tendas de discos.

Parabéns polo aniversario, e que sexan moitos máis

Exit mobile version