Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mundo de Galea conmemora cun acto en Foz que se cumpren 160 anos do nacemento de Manuel Curros Enriquez

O vindeiro venres, día 16 de setembro, cómprense os 160 anos do nacemento do eximio poeta galego Manuel Curros Enriquez que, con Rosalía e Pondal, forma a triloxía dos grandes persoeiros do Renacemento cultural de Galicia. A vida apaixoante do segundo, autor de “Aires da miña terra”, o libro mais polémico da historia da nosa terra e dalgunhas das letras mais coñecidas do acervo musical: “Unha noite na eira do trigo”, “Un adiós a Mariquiña”, “Os teus ollos”… ou “O sapo”, a derradeira canción que Pucho Boedo interpretou ante as cámaras da TV, fan del un personaxe singular, de especial relevo e interese.

“O Mundo de Galea” non quere deixar pasar a efeméride sen renderlle modesto homenaxe a quen foi, non só unha primeirísima figura da nosa cultura, senon un loitador pola nosa terra, dende a mais acrisolada honestidade e dignidade, actitude permanente nel, que endexamais practicou tipo algún de servilismo nen aceptou mercedes dos poderosos, o que lle creou serios problemas de toda índole ante os que mantivo sempre a súa integridade, ética e a dignidade.

Con este motivo, organizado por O Mundo de Galea, vai celebrarse na Casa da Cultura Poeta Manuel María de Foz un acto cultural que vai a consistir:

Ás,20,30 horas, rigurosamente puntual, unha charla que pronunciará o cronista oficial de Foz, Suso Fernández sobre a figura humana e intelectual do homenaxeado e seguidamente a proxección da película “O primeiro paciente” que, producida polo grupo Caolipe de Valadouro, baixo guión e dirección de Pepe Peinó, presentará o seguinte reparto: Mnauel Lourenzo, “Melgacho”, de Mareas Vivas (enfermo) Luis Miguel Yáñez (doutor) “Cachín” (avogado),Vanessa Otero (esposa) Juan García (chófer).

Luz e son: Sabela e María Quirós, Vanessa, Juan García e Cachín.

Axudantes dirección: Sabela e María Quirós.

Canción: “As bagoas do vento”, música, letra e voces Jorge Olivera e Eva Mª Campos.

Lugares de rodaxe: praias de Llás e As Pasadas, Hotel Vila do Val, Casa de Domingo Rouco (S. Pedro-Alfoz), Casa Ramón Casas (Barreiros)- Estrada de Fazouro.

Duración do acto: unha hora.

Exit mobile version