Site icon Crónica3.com A Mariña

O museo do Mar de San Cibrao acolle o nº 11 da revista oral A voz dos carraos

NOTA DE PRENSA

Revista oral: A voz dos carraos, nº 11

Museo Provincial do Mar, San Cibrao (Cervo)

Sábado, 24 de setembro de 2011, ás 19:00 horas

Mañá, sábado, 24 de setembro, a partir das 19.00 horas, vaise desenvolver no Museo Provincial do Mar de San Cibrao o nº 11 da revista oral A voz dos carraos.

Neste número, dedicado íntegramente á reflexión de mulleres sobre mulleres, intervirán as artistas Noa Persán, Paula Cabaleiro, Rebeca López e Renata Otero que nos presentaran cadansúa proposta creativa no marco do proxecto que se vén desenvolvendo nos museos da Rede da Deputación de Lugo baixo o nome “A arte de ser muller nun mundo por compartir”, coordinado por Encarna Lago.

A xornalista do Vicedo Nuria Polo achegáronos ao mundo das mulleres do mar cunha proxección breve e cunha entrevista ás redeiras Mª Jesús Alonso e Chus Basanta. Ao tempo, escenificarase o ambiente de traballo das redeiras.

E na parte musical a ucraína Natalia Bilenko, profesora e intérprete de violín.

Exit mobile version