Site icon Crónica3.com A Mariña

O Museo do Mar de San Cibrao pecha dous días en sinal de loito pola morte do seu fundador

A VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA MANIFESTA O SEU PESAR POLO FALECEMENTO DE FRANCISCO RIVERA CASÁS

O Museo do Mar de San Cibrao permanecerá pechado hoxe xoves e mañá venres, en sinal de loito pola morte do seu fundador

LUGO, 15 de setembro de 2011. A Vicepresidencia Primeira da Deputación, e en representación da mesma o seu vicepresidente, Antonio Veiga, mailo delegado de Cultura, Mario Outeiro, manifestan o seu pesar polo falecemento do profesor Francisco Moisés Rivera Casás, fundador do Museo do Mar de San Cibroa, director honorario da institución e fillo adoptivo de Cervo. Con motivo do se pasamento, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao vai permanecer pechado ao público os días 15 e 16 de setembro de 2011.

O profesor Rivera Casás desenvolveu ao longo da súa vida unha importante labor cultural para o concello de Cervo, que se atopa reflectida da creación e impulso que logrou para o Museo do Mar, converténdoo nun referente tanto a nivel comarcal como provincial e galego. Ademais, co seu traballo conseguiu dar a coñecer o carácter mariñeiro de Lugo, así como subliñar a dignidade que merece o mundo do mar. Durante máis de dúas décadas foi preparador de patróns, maquinistas e outros oficios de cabotaxe e pesca. Dirixiu a Escola Graduada Mixta de San Cibrao, e foi director do Colexio Público número 1 e do número 2.

Como activista social e cultural, ademais do Museo do Mar, fundou e presidiu o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) a mediados dos setenta. É autor de varios textos escolares e publicou colaboracións en distintas revistas e xornais galegos. En 1963 recibiu a Cruz de Alfonso X, O Sabio, polo seu traballo docente. Distinguido como “Lucense do Ano” en 1999. A Xunta concedeulle a Medalla de Galiza e o concello de Cervo nomeouno Fillo Adoptivo en 2010.

Exit mobile version