Site icon Crónica3.com A Mariña

O Museo Provincial do Mar en San Cibrao acolle unhas Xornadas de museoloxía social

NOTA DE PRENSA

XORNADAS DE MUSEOLOXÍA SOCIAL no Museo Provincial do Mar, San Cibrao (Cervo-Lugo)

Desde as Áreas de Cultura, Turismo e Benestar Social, dependentes da vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, promóvense e desenvólvense nos museos da Rede Museística estas Xornadas de Museoloxía Social con actividades culturais e formativas dirixidas a diferentes colectivos

Dentro deste proxecto, mañá, sábado 1 de outubro, ás 11:30 h. ,vai ter lugar no Museo Provincial do Mar, en San Cibrao, un encontro enmarcado dentro das Xornadas de Museoloxía Social que veñen desenvolvendo nos catro museos da Rede Museística, no que van participar Dolores Venancio Vilaboi, presidenta do Consello Territorial da O.N.C.E. en Galicia, co fin de comentar e mostrar ao público en xeral as adaptacións e axudas técnicas cas que conta o colectivo de cegos e discapacitados visuais no acontecer da súa vida diaria. Ao longo da mañá tamén serán explicadas as adaptacións realizadas no Museo do Mar por parte de xerente da Rede Museística Encarna Lago e da guía Ángeles Miguélez.

No mesmo museo, xa pola tarde, ás 18.00 h. AFALU (Centro de Día de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas) proxectará o documental: Bicicleta, Cuchara, Manzana, protagonizado por Pasqual Maragall con guión e dirección de Carles Bosch.
Entrada de balde.

Exit mobile version