Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento aprobou unha iniciativa do PP para intentar diminuír os danos do xabarín en Trabada, Barreiros, Ribadeo e Lourenzá

Nota de prensa

O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, DECLARAR OS CONCELLOS DE TRABADA, BARREIROS, RIBADEO E LOURENZÁ COMO OBXECTIVO UN PARA DIMINUÍR OS DANOS PROVOCADOS POLO XABARÍN
Nota de prensa

Pide tamén revisar os plans de caza anuais a metade de tempada para aumentar os cupos en caso necesario, o vallado da A-8 entre os puntos kilométricos 506 e 513 e autorizar as accións de caza anuais oportunas no Refuxio de Fauna de Trabada por ser considerado foco principal ou refuxio destes animais

O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, DECLARAR OS CONCELLOS DE TRABADA, BARREIROS, RIBADEO E LOURENZÁ COMO OBXECTIVO UN PARA DIMINUÍR OS DANOS PROVOCADOS POLO XABARÍN

Revisar as ordenes de axudas aos tecores de caza , promover a corresponsabilidade entre agricultores, gandeiros, cazadores e Administración e negociar con Agroseguro que os danos sexan reclamados aos tecores son algunhas das propostas do Grupo Popular aprobadas hoxe na Comisión de Agricultura

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2011.- O Parlamento de Galicia aprobou, na sesión da Comisión de Agricultura celebrada hoxe, unha Proposición non de Lei do PPdeG na que se solicitan medidas encamiñadas a diminuír os danos provocados polo xabarís na nosa Comunidade. Entre as medidas aprobadas figura declarar aos concellos de Trabada, Barreiros, Ribadeo e Lourenzá, en Lugo, como obxectivo un (que non requiren informes previos de danos para as batidas) dentro da clasificación en canto a danos ocasionados por este animal, unha vez que estes sexan contrastados e que se permitan revisar os plans de caza anuais á metade da tempada en zonas obxectivo un a fin de ampliar os cupos en caso necesario.

No relativo a Mariña lucense a deputada popular defendeu dirixirse ao Goberno do Estado para que valle correctamente a A-8 entre os puntos kilométricos 506 e 513 ao seu paso polo concello de Ribadeo, así como as zonas de servidume a fin de que estes animais non poidan entrar na autovía. Así mesmo Emma Álvarez indicou que o pasado ano o tecor de Trabada acabou o seu cupo moito antes de rematar a tempada de caza “e desa maneira actuaba como refuxio para os xabarís” polo que na iniciativa aprobada hoxe no Parlamento se solicita á Xunta autorizar as accións de caza anuais que se consideren oportunas no Refuxio de Fauna de Trabada.

A voceira de Montes do PPdeG, Emma Álvarez Chao, defendeu a actividade cinexética como “fonte importantísima de recursos da Comunidade Autónoma e que xera algo máis de 95 millóns de euros ao ano polo que é preciso o control das poboacións, ademais de asegurar a súa continuidade, xa que se trata dun motor esencial no desenvolvemento rural”.

A deputada popular indicou na súa intervención que “o noso Grupo no é partidario de axudas directas para paliar os danos senón mais ben de medidas encamiñadas a reducir a superpoboación desta animal” e nese sentido a iniciativa aprobada insta á Xunta a revisar as ordenes de axudas aos tecores a fin de mellorar as condicións dos hábitats das especies de faunas cinexéticas primando as encamiñadas a prevención dos danos da poboación de xabarís.

Outro dos puntos da iniciativa aprobada ten como obxectivo a promoción da corresponsabilidade entre agricultores, gandeiros, cazadores e Administración a fin de paliar os danos ocasionados pola fauna cinexética “buscando fórmulas que permitan repartir a responsabilidade entre as administracións responsables das normativas e autorizacións, os cazadores e tecores titulares dos dereitos cinexéticos de máis do 85% do territorio galego e os agricultores e gandeiros responsables das súas explotacións e de previr riscos” indicou Emma Álvarez.

Dirixirse ao Goberno do Estado para que negocie con Agroseguro que os danos ocasionados nos cultivos por xabarís non sexan reclamados polas compañías de seguro aos tecores de caza foi outra das propostas que recibiron o visto bo da Cámara galega.

Exit mobile version