Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento galego pide que as comunidades autónomas se coordinen para o apoio á frota boniteira

Nota de prensa:
Proposición non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 14 de setembro de 2011

08/PNP-1246 (66944) do Grupo Parlamentario Popular de Galicia da que é autor Balseiro Orol, José Manuel.

Contido: Sobre a actuación da Xunta de Galicia para a convocatoria e o desenvolvemento dunha xuntanza de coordinación coas comunidades autónomas para determinar o operativo loxístico de apoio á frota boniteira, e a súa posta en marcha ao inicio da campaña estival de pesca deste túnido (Publicación da iniciativa, BOPG núm. 513, do 28.07.2011)

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño de tal xeito que:

1.- Acorde convocar e desenvolver, con carácter previo ao inicio da costeira estival do bonito, a reunión de coordinación coas comunidades autónomas para determinar o operativo loxístico de apoio a esta frota.

2.- O devandito operativo loxístico, en todo caso, deberá poñerse en marcha nunha soa fase e en coincidencia co inicio da campaña estival de pesca deste túnido”.

Votos:

PP e PSOE a favor.
BNG abstención.

Exit mobile version