Site icon Crónica3.com A Mariña

O pleno da corporación de Foz aprobou por unanimidade catro mocións que presentou Unifoz

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA DA SESIÓN PLENARIA DO DÍA 29 DE SETEMBRO

UNIFOZ , presentou para esta Sesión Plenaria da Corporación Municipal de Foz catro mocións que foron aprobadas por unanimidade da Corporación.

-Moción de UNIFOZ, para dirixirse ao Ministerio de Fomento e solicitar o proxecto de mellora do cruce da N642 coa LU 152 Cangas- Ferreira, queremos que antes de executar o proxecto a Corporación e os veciños de Cangas poidan coñecer o mesmo para a súa posterior urxente excución tendo en conta que é un cruce moi perigoso.

-Moción de UNIFOZ, para dirixirse a Xunta e solicitar o remate da rúa Avda do Vicedo en Marzán, tendo en conta de que nestes momentos os veciños/as que transitan pola acera, no seu último tramo teñen que camiñar pola carretera, co conseguinte perigo.

-Moción de UNIFOZ, (por urxencia), para Soliciar a Xunta de Galicia-Consellería do Medio Rural un convenio para reparar os camiños de Mansín a Fiallega en Foz, camiños estes que se encontran en pésimo estado.

-Moción de UNIFOZ ( por urxencia) , para solicitar convenio coa Deputación, e facer proxecto e reforma integral da rúa do Ceminterio ata Marzán, carretera esta que nestes momentos e moi perigosa para o transito de coches e en especial para o transito de persoas, por ser moi estreita.

Tamén foi aprobada a proposta de UNIFOZ, de solitiar da Xunta de Galicia que se dote ao noso pobo das prazas de garderia suficientes para atender a demanda actual (50 nenos/as) e a que se poda producir a corto e medio prazo mediante ampiacións ou nova construcción, segundo o informe técnico oportuno.

Asi mesmo foi rechazada a proposta de UNIFOZ de elaborar un plan de axuda extraordinario para os clubes deportivos que se encontren en situación de dificultades económicas, atendendo as posibilidades do Concello.

No apartado de rogos e preguntas ,UNIFOZ fixo os seguintes rogos:

-Que se regule un plan de actuación para mellorar o servizo de Axuda no Fogar, para poder atender a demanda, en especial dos casos máis necesitados.

-Que se faga un Plan de Limpeza urbano de rúas e sumidoiros.

-Que se convoque ao Consello Escolar Municipal.

E as seguintes preguntas:

-Cando será a reunión dos membros da Corporación coa Sr Conselleria de Sanidade, pedida pola Corporación Muncipal o día 08/09/2011?

-En que situación se encontra o Plan Xeral?

-Que xestións se fixeron para dotar ao noso pobo do Proxecto de esas tan nomeadas Instalacións deportivas?

Para remate UNIFOZ, ante as numerosas queixas por parte do Alcalde da situación económica do Concello, so temos que decirlle que asuma a situación e si non se considera suficiente capacitado para superar esta situación sería mellor que dimitira, pero que deixe de lamentarse tódolos días e poñer como disculpa ante os veciños para facer cousas.

Exit mobile version