Site icon Crónica3.com A Mariña

O POSE pregúntalle ao presidente da Xunta polo custo da Praza dos Campos e a súa relación coa austeridade

Nota de prensa:

ISMAEL REGO LEMBRA QUE A PREGUNTA PARLAMENTARIA SOBRE A PRAZA DOS CAMPOS EN SAN CIBRAO, ESTA DIRIXIDA AO GOBERNO DE FEIJOO E NON AO PARTIDO POPULAR

-O deputado do Grupo Socialista Ismael Rego advirte que non quere buscar ningunha polémica, senón que se saiba a verdade sobre o custo total da actuación e a súa relación coa austeridade que vende o Presidente da Xunta

-Dixo que “terán que pasar moitos anos para que o PP poida achegarse tan sequera o 10% do compromiso e inversións realizas por responsables socialistas en San Cibrao”

Santiago, 12 de setembro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego lembra que a pregunta parlamentaria sobre a praza dos Campos, no Concello de Cervo, é ao Goberno e non ao Partido Popular.

O deputado socialista advirte que non quere buscar ningunha polémica, senón que se saiba a verdade sobre o custo total da actuación e a súa relación coa austeridade que vende o Presidente da Xunta

O parlamentario explica que esta iniciativa parlamentaria, que será debatida no Pleno do Parlamento do próximo mércores día 14 de setembro, di que non ten outro obxectivo que o garantir os cidadáns de San Cibrao e de todo Galicia o dereito de coñecer o custo total da actuación para o interese xeral da Comunidade Autónoma e a súa compatibilidade coa predicada austeridade do Presidente Feijoo.

Así as cousas Rego lembra que esta pregunta esta dirixida o Goberno de Feijoo, “que será quen teña que contestala”, subliñou, e tamén “dar conta de paso das súas alegrías no gasto de fondos públicos que proceden dos impostos que os cidadáns pagan con moito esforzo”.

E replicou “terán que pasar moitos anos para que o PP poida achegarse tan sequera o 10% do compromiso e inversións realizas por responsables socialistas en San Cibrao, cando lles tocou a responsabilidade de xestionar nas distintas Administracións”, e proseguiu “e cando se adicaban os recursos a construír e non a demoler”, concluíu.

Exit mobile version