Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo califica de demagoxia e desfachatez as referencias da Deputación a Xunta na obra da ponte de Arante

Nota de prensa

PSOE: DEMAGOXIA E DESFACHATEZ SOBRE A PONTE DE ARANTE

Na mañá de hoxe, 13 de Setembro, dous deputados provinciais do Partido Socialista facían un paseo triunfal (acompañados de foto e nota de prensa) pola Ponte de Arante proclamando as bondades da Deputación Provincial (na súa banda socialista) unha vez rematadas as obras nesta infraestructura tan necesaria para o tránsito dos veciños da zona rural do concello de Ribadeo. Non contentos con este alarde de vanagloria de quenes teñen entre as súas obrigas acometer esta obra e todas aquelas que supoñan o mantemento das infraestructuras de titularidade provincial, adican a meirande parte da nota de prensa a arremeter contra a Xunta de Galicia. A respecto desta cuestión dende o Partido Popular de Ribadeo queremos realizar as seguintes consideracións:

A realización das obras neste vial por parte da Deputación Provincial non sinalan unha especial atención deste ente ó concello de Ribadeo ou ós veciños afectados polo desgraciado incidente da ruptura da ponte, senon que é o seu deber acometer esta inversión dado que a estrada afectada é de titularidade provincial.
O PSOE minte descaradamente cando afirman que a Xunta mantivo bloqueada a obra durante un ano posto que eles mesmos recoñecen que en Xaneiro estaban en posesión dos permisos pertinentes por parte da Xunta de Galicia.
Quéixanse amargamente sobre os cambios que tiveron que efectuar no proxecto e o incremento económico que supuxeron cando o único que se demostra con esto é que pretendían facer as obras ó seu antoxo sen adecuarse ós requerementos que dende os departamentos autonómicos se lles facían. Parece este proceder pouco exemplarizante para tratarse dunha administración pública.
Son inexactos, por non decir que minten, cando falan do descorrer dos acontecementos posto que dende a Deputación Provincial o único que se fixo durante os 6 meses do proceso de concesión dos permisos pertinentes para a obra foi facer movementos de cara á galería acompañados en todo caso de bombo, platillo e nota de prensa no intento de facer ver ós veciños que o retraso era culpa da Xunta cando foi imposible a solución do problema administrativo ata o momento en que o ente provincial cumpriu con tódolos requerimentos, data na que a concesión foi inmediata.
Esta obra foi un claro exemplo da falla de interese da delegación de obras da Deputación Provincial polas actuacións que acometen, a excepción da súa publicación para maior gloria do seu partido nos medios de comunicación. Durante as obras producíronse en reiteradas ocasións problemas co tendido eléctrico que supuxeron cortes de luz para os veciños e a parroquia, chegando a recibirse na mesma unha ameaza de corte por parte do suministrador eléctrico dado que a instalación non cumpría coas condicións de seguridade obrigatorias (a instalación da capela foi literalmente “arrancada” da parede) sen que ningún responsable da Deputación Provincial amosara o menor interese no asunto.
Durante a campaña electoral das eleccións municipais repetiuse por parte dos diversos candidatos socialistas a promesa de finalizar as obras antes do prazo establecido debido ó grande perxuicio que supón para veciños, empresas, gandeirías, etc o necesario desvío do tráfico e a posibilidade da finalización das mesmas a tempo para a celebración da recoñecida e multitudinaria romería das Cruces no mes de Xuño. Finalmente, unha vez pasadas as eleccións nunca máis se tivo noticia da Deputación nin por parte dos veciños nin da comisión de festas.
Resulta vergoñante a presunción da finalización en prazo da obra cando é consabida a obrigación de que así sexa. Semella que desde o organismo provincial poñen data de remate das obras aleatoriamente e, unha vez rematadas, compróbase se se cumpriron os prazos para presumir ou non delas. Sres. Socialistas, os prazos están para cumprirse e todos os que nos tomamos a molestia de observar con un pouco de atención o discorrer desta obra sabemos que nesta actuación a duración puido reducirse á metade posto que a maioría do tempo traballou nela un só obreiro e en moitas ocasións dous, incluso para as obras de movemento de terras e outro tipo de traballos voluminosos. A este ritmo ralentizado por falta de operarios hai que sumarlle as épocas (numerosas) nas que a obra estivo parada.

En definitiva, dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo queremos amosar a nosa indignación ante a pretendida manipulación da realidade que vén de perpetrar o PSOE con respecto ó grave problema da Ponte de Arante e denunciar o cinismo de quen intenta “vender” ante os veciños un compromiso que estivo lonxe de demostrar cos feitos posto que non foron máis aló de facer unha obra que era a súa obriga nun prazo que era a súa obriga, unha vez que foron capaces de cumprir os requisitos administrativos que lles son de obrigado cumprimento coma tódolos veciños deste concello e desta provincia.

Exit mobile version