Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de A Pontenova preguntase si o alcalde ten algo que ocultar que non responde nin da explicacións

Nota de prensa

QUE PRENTENDE OCULTAR O SR. DARIO CAMPOS E O SEU EQUIPO DE GOBERNO.

Daniel Veiga como voceiro suplente do grupo municipal do Partido Popular no Concello de A Pontenova presentou o pasado 14 de xullo, unha petición solicitando o exame dun expediente municipal dunhas obras que se están a realizar no noso Concello, algo ao que temos dereito como concelleiros elixidos lexitimamente polos veciños de A Pontenova, a ao que o equipo de goberno ten 5 días para contestar. Cousa que obviamente non fixo nin a día de hoxe e van case dous meses.

É indignante que o Sr. Campos e o seu equipo non se molesten nin a respondernos á nosa petición nin a darnos ningún tipo de explicación. Dende a nosa formación preguntámonos si o Sr. Campos ten algo que ocultar?

Queremos recordar, ademais, que non é a primeira vez que nos vemos nesta situación, xa que con anterioridade tivemos moitos problemas para acceder a outra documentación cando o solicitáramos, incluso, denegándonos as nosas peticións nun principio e poñéndonos todo tipo de problemas para que puidéramos desenvolver o noso traballo como oposición no Concello. Parece que co grupo municipal do BNG está a facer o mesmo, negándolle o acceso ó rexistro municipal.

Esta é a política de goberno municipal, de transparencia e de participación cidadá, que está a seguir o Sr. Darío Campos e o seu equipo, intentando entorpecer todo o posible o traballo do resto de grupos políticos e concelleiros que foron elixidos polos veciños de A Pontenova, e que temos a obriga de mirar e defender os intereses dos nosos veciños e veciñas.

Está claro que ao Sr. Campos non lle interesa que fagamos a nosa labor de oposición, poñendo obstáculos unha e outra vez, dificultando o acceso á información,e, ademais, a única medida de austeridade que adoptou o goberno municipal nesta lexislatura foi a de reducir as aportacións aos grupos políticos, que lle supón un aforro de 2000 euros anuais as arcas do noso concello, que non é máis que outra medida para intentar “paralizar e maniatar” á oposición e que comparándoo co que cobran polas súas dedicacións parciais o Sr. Alcalde e o Sr. Concelleiro de obras, soa a risa, xa que seguen mantendo os mesmos soldos que na anterior lexislatura, as mesmas percepcións económicas por dietas, non se baixaron nin un só euro. NOS SOLDOS E NAS DIETAS NO CONCELLO DE A PONTENOVA NON HAI CRISIS. O concello que está recortando e dicíndolle aos veciños que non hai cartos para nada, o único que non sufriu ningún recorte nin aplicou ningunha política de austeridade foi nos SOLDOS DO ALCALDE E O CONCELLEIRO DE OBRAS nin nas dietas do seu equipo……..

Exit mobile version