Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo discrepa das afirmacións do alcalde cando di que “vai ser máis doado” abrir un negocio

Nota de prensa

NOVOS IMPOSTOS NO CONCELLO DE RIBADEO.

O Grupo Municipal do PP No Concello de Ribadeo rexeita as manifestacións verquidas polo Alcalde nos medios de comunicación no senso de que “a partires de agora abrir en Ribadeo un negocio de perruqueria, mercería… vai ser máis doado”, por ser esta un información parcial e enganosa, xa que o Alcalde só fai referencia a unha parte, e non a todo o contido, da nova ordenanza municipal aprobada só co voto do Grupo do BNG.
O Alcalde oculta ao pobo de Ribadeo o verdadeiro alcance desta nova Ordenanza que, lonxe de supor un beneficio para aqueles que desexen emprender novas actividades no eido laboral, o que agocha é un novo tributo local.
Os Ribadenses deben ser informados do contido completo da nova normativa, e así, deben saber que a Ordenanza dispón de dúas partes, conforme coa primeira delas é certo que, dende o luns, e en aplicación dunha normativa da Unión Europea de obrigado cumprimento para tódolos Concellos, os veciños/as de Ribadeo para o exercicio de determinadas actividades empresariais non van precisar solicitar do Concello unha autorización administrativa nin aboarlle taxa ou imposto algún, sendo dabondo con presentar unha declaración xurada conforme o interesado se responsabiliza de dar cumprimento coas esixencias legais. O que subxace detrás desta normativa é a vontade dos Gobernos Europeos de liberalizar os mercados con actuacións dirixidas a facilitar o acceso de novos emprendedores ao eido laboral, axilizando e simplificando trámites burocráticos e suprimindo a obriga de aboar tasas e tributos aos Concellos…
Pero igualmente deben seres informados os Ribadenses do contido da outra parte da Ordenanza, da que, e non obstante terse aprobada tamén no pleno do luns, non da conta o Alcalde evidenciando deste xeito un comportamento oscurantista e enganoso.
Os Ribadenses deben coñecer que, para compensar a perda de ingresos que vai experimentar nas súas arcas o Concelllo, ao non poder gravar ao contribuinte, como viña facendo, polo inicio do exercicio destas actividades, aprobouse, cun afán só recaudatorio, unha nova taxa Municipal dirixida a gravar as actividades de inspección, control… no exercico destas actividades, esto é, se ben se pon fin a obriga do contribuinte de aboar una taxa polo inicio do exercicio de determinadas actividades, contrariamente nace a obriga de aboar unha taxa cada vez que polos técnicos do Concello se xire una visita ao establecmento para realizar actividades de control, inspección… (tales como control do estado dos estintores de fumes, horarios de apertura e peche …). En fin, o que cunha mán dende a Unión Europea nolo dan, coa outra dende o Concello nolo quitan…
Rexeitable resultan igualmente as manifestacións do Alcalde en relación co novo Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, tamén aprobado polo Pleno do Concello co voto a favor só do equipo de goberno, e que ocultan aos cidadáns o verdadeiro alclance desta normativa e da súa repercusión para os veciños/as. Este novo tributo local, son as chamadas Plusvalias, arbitrios ou contribucións especiais de antaño, supón unha volta atrás no tempo, e tradúcese en que, a partires de agora (non fai falta esperar a aprobar o PXOUM como dí o Alcalde) calquera que faga unha venda, transmisión, donación… dun piso, local, finca dentro do casco urbán do Concello de Ribadeo vai verse obrigado a aboar esta nova taxa municipal. Deste xeito as ventas de país a fillos, as herdanzas … estarán gravadas con este novo imposto… ademáis de todos os que xa vimos aboando. Deste xeito, se a posibilidade de acceder a unha vivenda en propiedade xa é de por sí bastante oneroso, o Alcalde con este novo tributo ven a facelo aínda máis.
Grupo Municipal do PP

Exit mobile version