Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP demandalle a Xunta a construción dunha mariña seca e un espazo para os usuarios do porto de San Cibrao

Nota de prensa

O deputado popular, e tenente de alcalde do Concello de Cervo, faise eco desta aspiración dos socios do Club Náutico “Amigos do Mar” de San Ciprián que solicitan estes novos usos portuarios

BALSEIRO DEMANDA A CONSTRUCIÓN DUNHA MARIÑA SECA E UN ESPAZO DE GARDA PARA OS USUARIOS DO PORTO DE SAN CIPRIÁN

Con este obxecto rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia instando á Xunta a executar estas actuacións .

Santiago, 09 de setembro de 2011.- O deputado popular e primeiro tenente de alcalde do Concello de Cervo, Jose Manuel Balserio, demandou a construción dunha mariña seca e dun espazo de garda para os usuarios do porto de San Ciprián. Con esta finalidade rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia instando á Xunta e, máis en concreto ao ente público autonómico Portos de Galicia, a executar estas actuacións.

O parlamentario galego explicou que a través desta petición vén de facerse eco dunha demanda dos usuarios do porto –con pequenas embarcacións pesqueiras e recreativas- e, nomeadamente, dunha aspiración capitaneada polos dous centenares de socios do recentemente constituído Club Náutico Amigos do Mar de San Ciprián.

Jose Manuel Balseiro indica que o procedemento a seguir sería a reordenación dos actuais espacios portuarios de tal xeito que, entre outras, poidan albergar unha mariña seca e unha instalación exterior –allea aos edificios existentes- que permita aos seus usuarios gardarse das inclemencias climatolóxicas, en especial, nos meses de inverno. Ambas actuacións terían ademais un custe nada elevado e razoable, posto que xa existe unha marquesina, que debería ser acondicionada ao efecto, para evitar o vento e a chuvia. Ademais, parte da explanada onde se atopaba a antiga nave de lonxa, é xa un espazo ideal para albergar a mariña seca e pode ser habilitado dun xeito sinxelo, para darlle cabida alí ás embarcacións naúticas e recreativas existentes, tanto para a súa estancia invernal, como para poder efectuar nese espazo labores de limpeza ou pequenos arranxos con maior seguridade. Ademais o porto xa dispón dunha grua que facilitaría a súbida das embarcacións ata a zona de varada.

Exit mobile version