Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que os resultados electorais acreditan o éxito do proxecto de reagrupación escolar en San Cibrao

O PP di que os resultados electorais acreditan o éxito do proxecto de reagrupación escolar en San Cibrao
Nota de prensa

Os tribunais, a Xunta de Galicia e os reiterados resultados electorais acreditan o éxito do proxecto de reagrupación escolar en San Ciprián e amosan o incuestionable apoio da veciñanza á nova praza dos Campos

BALSEIRO DI QUE DÁ VERGOÑA ESCOITAR AO PSOE FALAR DE AUSTERIDADE CANDO ELES MANTIVERON ABERTO O COLEXIO MÁIS CARO DE ESPAÑA

A Xunta bipartita cometeu un despilfarro ao manter aberto o colexio Rivera Casás pese a que tan só estaban matriculados 19 alumnos e contaba con 7 profesores, o que supoñía un custe para a Consellería e o Concello superior a 260.000 euros.

Santiago, 14 de agosto de 2011.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro asegurou que dá vergoña escoitar ao PSOE falar de “austeridade” cando, durante o mandato do bipartito, os anteriores responsables socialistas da Consellería de Educación mantiveron aberto “o colexio máis caro de España”. O parlamentario popular lembrou que o verdadeiro “despilfarro” era bloquer a unificación escolar dos dous colexios que existían en San Ciprián –como pretendeu facer o PSOE-, xa que supuxo manter tamén aberto o Mestre Rivera Casás iso a pesar de que no 2006 tan só contaba con 19 matriculados e 7 profesores, o que supoñía un custe para as arcas municipais e autonómicas superior aos 260.000 euros anuais.

O deputado popular lamenta que no PSOE non teñan moitos máis temas dos que falar que traer unha e outra vez esta caducada polémica, na súa obsesión contínua por crispar e dividir ao pobo. Balseiro lembra que, en todo caso, tanto os tribunais de xustiza, como a Xunta de Galicia, como os reiterados resultados electorais -que deron unha maioría crecente ao PP de Cervo-, acreditan o éxito social e educativo do proxecto de reagrupación escolar en San Ciprián e amosan o incuestionable apoio da veciñanza á creación da nova praza dos Campos, isto é, a recuperación dun espazo de ocio e esparexemento cen por cen público e cen por cen libre de edificacións, na parcela na que se atopaba o vello colexio.

Exit mobile version