Nota de prensa
O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, defenderá esta petición a través dunha proposición non de lei que será debatida no Pleno do Parlamento
O GRUPO POPULAR RECLAMARÁ AO MINISTERIO QUE NO FUTURO O OPERATIVO LOXÍSTICO DE APOIO Á FLOTA DO BONITO SE DESPREGUE DESDE O INICIO DA COSTEIRA E NUNHA SOA FASE
Busca evitar que poida volver a producirse a situación de abandono e desprotección na que incorreu o Ministerio de Medio Rural e Mariño nesta anualidade
O Goberno estatal demorou a reunión de coordinación na que se deciden os medios aéreos e navais que as comunidades autónomas suman ao operativo de apoio da flota do bonito e mantivo durante semanas ao buque hospital Juan de la Cosa e ao patrulleiro Chilrreu sen capacidade de pestar asistencia aos pesqueiros
Santiago, 13 de setembro de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defenderá no Pleno do Parlamento galego que terá lugar o martes e mércores desta semana, unha proposición non de lei coa que pretende evitar que volva a producirse no futuro a situación de abandono na que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño deixou durante semanas ás embarcacións e tripulantes que participan na costeira estival de pesca do bonito.
O inicio da capaña no 2011 estivo marcado pola polémica. Todo iso como consecuencia da tardía reacción do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, que non despregou desde o mesmo momento do inicio da pesquería o operativo loxístico en apoio desta flota. Múltiples voces desde o sector, e tamén desde o propio Grupo Parlamentario Popular, denunciaron en varias ocasións que durante días e incluso semanas nin o buque hospital Juan de la Cosa, nin o Patrulleiro Chilrreu (ambos de titularidade estatal) acompañaban ás embarcacións do bonito ou que estes permanecían lonxe da zona de pesca, polo que non era efectiva a asistencia que puiederan prestarlles aos pesqueiros en caso de emerxencia ou necesidade de apoio.
Por se iso fora pouco, o Ministerio tamén incorreu en falta de previsión cando só semanas despois de iniciada a campaña de pesca, presionado polas críticas do sector e as peticións da Xunta, convocou a reunión de coordinación para determinar os medios navais e aéreos que as comunidades autónomas, entre elas a de Galicia, suman a este operativo de apoio. A demora na celebración da reunión, supuxo un retraso na incorporación destes efectivos que, como o caso do buque da Xunta Sebastian de Ocampo, si puido acompañar á flota durante o mes de agosto, intervindo en varias ocasións.
SOLUCIÓNS PARA O FUTURO
A iniciativa parlamentaria dos populares reclamará ao Ministerio que, para os vindeiros anos, a reunión de coordinación coas comunidades autónomas teña lugar en datas anteriores ao inicio das costeira e que o propio despregue do operativo loxístico de apoio á flota, se efectúe nunha soa fase e desde o primeiro día no que teña lugar o inicio da campaña de pesca.
En contraposición coa pasividade amosada polo Goberno central, a Xunta de Galicia acompañou, cando lle deron oportunidade de facelo, á flota boniteira co buque polivalente Sebastían de Ocampo e os helicópteros do Servizo de Gardacostas Pesca 1 e Pesca 2, estes últimos para colaborar coas embarcacións boniteiras que faenaban no Golfo de Biscaia. Para Balseiro Orol, este apoio amosa á claras a preocupación do departamento de Rosa Quintana por esta flota e esta actividade, á que tamén contribúe o Executivo autonómico cunha campaña de promoción comercial do bonito do norte.