Nota de prensa
O voceiro popular do Mar sinala a fortaleza dos portos de Burela e Celeiro que representan preto do 60% da actividade do conxunto dos portos de titularidade autonómica e colocan a Galicia no primeiro posto a nivel de pesca fresca no conxunto de España
BALSEIRO XULGA COMO MOI POSITIVO QUE OS PORTOS MARIÑÁNS LIDEREN O RANKING AUTONÓMICO EN DESCARGA DE PEIXE FRESCO
Os datos reforzan a importancia estratéxica do sector pesqueiro mariñán como impulsor da actividade económica da provincia, sobre todo en tempos de crise, e o acertado dos esforzos da Xunta no seu apoio.
O voceiro popular do Mar explica que estos datos dan mostra da fortaleza dos portos de Burela e Celeiro. Ambos están situados no posto primeiro e segundo –en número de descargas- dentro dos 122 portos de titularidade autonómica. Balseiro salienta que esta gran capacidade foi clave para que a comunidade galega poida colocarse tamén no primeiro posto a nivel de pesca fresca no conxunto de España.
Balseiro Orol tamén explicou que estes datos redundan na importancia estratéxica do sector pesqueiro mariñán como impulsor da actividade económica en tempos de crise e no acertado dos esforzos que está a levar a cabo a Xunta no seu apoio. Sinalou tamén que gran parte deste volume económico revirte directamente na provincia “o que sempre é unha boa nova”