Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE calcula que a Xunta despilfarrou 4 millóns de euros coa demolición dun colexio en San Cibrao para facer unha praza

Nota de prensa

OS SOCIALISTAS DIN QUE O GOBERNO DE FEIJOO DESPILAFARROU 4 MILLONS DE EUROS COA DEMOLICIÓN DO COMPLEXO EDUCATIVO DE SAN CIBRAO

-O Portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Socialista Ismael Rego preguntou si esta demolición é compatible coa austeridade do Goberno de Feijoo, e acusounos “mentir e despilafarrar”

-Envioulle unha mensaxe ao Conselleiro de Educación e preguntoulle en que mellora a calidade educativa da Comarca a demolición deste edificio?

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2011. O Portavoz de Ordenación Territorial e Urbanismo do Grupo Socialista Ismael Rego interveu hoxe no Pleno da Cámara Autonómica para interpelar ao Goberno de Feijoo sobre a xustificación do executivo galego da demolición dun complexo educativo publico perfectamente equipado, na Praza dos Campos en San Cibrao.

O deputado denunciou que co Plan Urbe demoleuse patrimonio de Educación valorado, segundo os propios técnicos, en 4 millóns de euros. E preguntou si esta demolición é compatible coa austeridade do Goberno de Feijoo, e acusounos “mentir e despilafarrar”.

Ademais lembrou que o Presidente da Xunta inaugurou a praza do que se gabou de ter investido 1 millón de euros. Advirte que na inauguración votou en falta a palabra austeridade, aínda que moi ben podería ter sido o nome da praza. Dixo que seguro que esa mesma palabra foi a que lle aconsellou falsear a realidade do custo da praza, esquecéndose de que para facelo houbo que demoler todo un complexo educativo que incluía o Colexio Público Rivera Casás, o pabellón polideportivo, a escola infantíl, radicados no mesmo centro da localidade.

Tamén sinalou que Feijoo subliñou nesa data a necesidade de abrir San Cibrao o mar; o que demostrou que o levaba escrito sen que alí se decatase de que o que impide ou facilita a apertura ao mar desta localidade non eran precisamente os edificios demolidos para a construcción da praza.

Por ultimo preguntou ao Conselleiro de Educación en que mellora a calidade educativa a demolición deste edificio.

Exit mobile version