Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE do Valadouro amosa perplexidade por coincidir o inicio dunhas obras vésperas “Do Oito”

COMUNICADO DE PRENSA
PSdeG – Psoe de O Valadouro. Grupo Municipal.
Mostrar a nosa perplexidade polo acontecido durante a celebración
das festas patronais da nosa Vila. Para sorpresa de propios e estraños,
observamos que en plenas vésperas “Do Oito” comeza a empresa
contratada polo concello as instalacións dos contedores soterrados, obra
aprobada xa na anterior lexislatura, cando a inmensa maioría dos
veciños da Vila de Ferreira disfutabamos de uns días de descanso, algo
moi tradicional por aquí, xa que moitos deixamos sempre uns días das
vacacións para as festas “Do Oito”. Depertámonos con a Vila chea de
furados de 6x3m. Tráilers mezclados con atraccións de festa, e a musica
da banda competendo con sons propios de ferramentas dos operarios
encargados de facer dita obra.
Nunca nin os mais vellos recordan tal, e o que mais molesta e a
desculpa; “e que se acaba o prazo, e que se non perdese a subvención”
Permítasenos logo achegar algúns datos que entendemos poden
situar as cousas no seu sitio e demostrar a desidia e ineficacia do actual
equipo de Goberno e dos seus apoios.
A obra dos contedores sotérranos, financiase con o canon eólico
publicado no D.O.G.A. o luns 14 de febreiro do 2011. Como sempre pasa
en Valadouro e como xa reiteradas ocasións denunciamos os tramites
burocráticos sempre se deixan para ultima hora, poñendo en perigo as
propias subvencións e recurrindo moitas das veces a certificar obras sen
estar totalmente rematadas, na lexislatura pasada xa se perderan unhas
subvencións por as mesmas causas, con todo o 14 de xuño o técnico
municipal remite o proxecto da obra, ata o 8 de agosto non se fai a
contratación definitiva incluso nas cláusulas administrativas particulares
poñen como data de remate da obra “Inaprazable” o 10 de setembro.
Xulguen vostedes mesmos.
O mesmos vicios de anteriores lexislaturas, so que agora con un
profesional de política a o fronte.
De momento as arcas municipais van notalo sensiblemente os
veciños parece que menos

Exit mobile version