NOTA DE PRENSA
A DEPUTACIÓN DE LUGO TEN 4 COCHES PARA USO DOS 25 MEMBROS DA CORPORACIÓN
Antonio Veiga saíu ao paso das críticas vertidas o pasado martes pola parlamentaria do PP, Paula Prado, afirmando que “está a facer demagoxia cando di que existen 19 coches oficiais”
O vicepresidente afirmou que “vehículos para desprazamentos oficiais só hai 4, un Audi A6, un Citroen C5 e dous Rover 75, e están a disposición dos 25 membros da corporación”
Veiga lembrou que se reduciu o parque automobilístico “con respecto ao goberno anterior do PP nun 65% aforrando máis de 1,1 millóns de euros, ao deixar de pagar 1,4 millóns de euros e investir preto de 349.000 euros”
Ademais, agora o uso que se fai de cada vehículo é “público e está rexistrado polo que animamos aos medios e á sociedade a que o consulten e divulguen”
Neste camiño, Veiga pormenorizou que “vehículos para desprazamentos oficiais só hai 4, un Audi A6, un Citroen C5 e dous Rover 75, e están a disposición de toda a corporación”. Veiga lembrou que se reduciu o parque automobilístico “con respecto ao goberno anterior do PP nun 65% aforrando máis de 1,1 millóns de euros, ao deixar de pagar 1,4 millóns de euros e investir preto de 349.000 euros”.
Antonio Veiga afirmou que “desde a nosa entrada no goberno da Deputación puxemos fin ao excesivo gasto no parque automobilístico que tiña o PP comprometido, xa que nos atopamos cun contrato de aluguer de 1.460.000 euros para 56 vehículos. Diante desta situación, o goberno da Deputación comezou o proceso de devolución dos vehículos:
-en decembro de 2007 devolvéronse 13 vehículos aforrando 323.163 euros.
-En outubro de 2008, devolvéronse outros 5 coches, aforrando 62.700 euros.
-En setembro de 2009, devolveuse outro vehículo, aforrando 5.740 euros.
-E xa, en outubro de 2010, rescindiuse o contrato de aluguer de 2006, deixando de ter os 56 coches que deixaba o PP como unha pesada rémora económica.
Ademais desta redución, Veiga explicou que “houbo un tallante cambio na xestión do parque automobilístico, xa que agora ninguén ten un vehículo asignado, e o uso que se fai del é totalmente público e a diferenza de antes, toda persoa que necesita un vehículo ten que poñerse en contacto co Xefe de Servizo para solicitalo, e rexistrar o uso que fai del”.
A forma de entender o parque móbil non ten nada que ver coa do PP, xa que mentres a anterior corporación provincial usaba os coches do Parque Móbil ao seu antollo, sobre todo en período de vacacións –que era cando se rexistraban máis quilómetros-, a Deputación actual converteu este departamento nun servizo para os veciños da provincia.
Veiga, que afirmou que non gusta de falar deste tema, entre outras cuestións porque a pesares de vivir a unha hora de distancia do posto de traballo emprega o seu vehículo particular para desprazarse e na actual lexislatura só utilizou en tres ocasións os vehículos que a Deputación de Lugo ten a disposición, recordou que este uso do parque móbil non ten nada que ver coa propaganda do señor Núñez Feijóo quen, en menos dun ano, gastou máis de 6 millóns de euros na adquisición de 347 coches, varios deles de alta gama.
Dentro dos asuntos da Xunta de Goberno, Veiga anunciou a aprobación do convenio de colaboración valorado en 40.000 euros a subscribir entre a Deputación de Lugo e Gas Natural SDG, S.A., para o fomento do turismo e dos espazos recreativos no embalse de Os Peares, materializándose esta colaboración na rehabilitación e instalación dos 4 pantaláns cos seus correspondentes accesos para achegar aos viaxeiros até as embarcacións, que xa se levou a cabo nos meses de verán. Do mesmo xeito, Veiga anunciou o establecemento da tarifa do prezo público do libro titulado: “Intervención de Jorge Perianes”, Colección diálogos no Museo Provincial de Lugo nº 2, na cantidade de 5 euros, dos que corresponden á Deputación 4.80 euros.