Site icon Crónica3.com A Mariña

Vicepresidente e delegado de Cultura da Deputación reuníronse con entidades que traballan con colectivos de mulleres

Nota de prensa
ANTONIO VEIGA E MARIO OUTEIRO REUNIRONSE COAS ASOCIACIONS QUE TRABALLAN CON COLECTIVOS DE MULLERES DE LUGO

Esta xuntanza enmárcase dentro da xeira de encontros con asociacións e colectivos de cara a escoitar as súas propostas e preocupacións para axeitar os orzamentos do vindeiro ano

Veiga defendeu se “vai procurar incorporar de xeito sistemático nos obxectivos e no funcionamento da propia Deputación o valor da igualdade como un elemento transversal e de calidade nos seus procesos e procedementos

LUGO, 22 de setembro de 2011. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, e o delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, mantiveron hoxe no pazo de San Marcos unha xuntanza con asociacións que traballan con colectivos de mulleres, dentro da xeira de xuntanzas que a Vicepresidencia Primeira da Deputación está a levar a cabo cun dobre obxectivo: por unha banda, compartir cos representantes destes colectivos as propostas de traballo e as liñas de actuación que se pretende poñer en marcha para o vindeiro exercicio desde as áreas de Cultura e Turismo e Benestar Social, Deporte, Igualdade e Xuventude da Deputación.

Na xuntanza mantida hoxe con representantes das asociacións que traballan con mulleres, Antonio Veiga explicou que “para atallar as diferentes problemáticas referentes á igualdade e ao papel da muller nesta sociedade necesítase traballar de maneira transversal, aplicando políticas que abranguen todas as áreas”. Veiga defendeu que “vaise procurar incorporar de xeito sistemático nos obxectivos e no funcionamento da propia Deputación o valor da igualdade como un elemento transversal e de calidade nos seus procesos e procedementos, no marco dunha estratexia intencional, paulatina e constante que debe acompañar o conxunto do traballo técnico e político, sendo unha estratexia para a transformación social de cara a unha sociedade máis equitativa entre homes e mulleres”.

Neste sentido, o nacionalista Antonio Veiga afirmou que o traballo pola igualdade na Deputación de Lugo vai ser “unha intervención global, que actúe no ámbito das estruturas, deseñando e adaptando medidas xerais e específicas que dean conta das necesidades e intereses das mulleres e homes e dos grupos en que se integra, pois os plans de igualdade non teñen como únicas persoas destinatarias ás mulleres, senón que tamén acarrean situacións para toda a poboación, homes, nenos e nenas, mozos e mozas, de todas as idades, e  tamén en todos os ámbitos de competencias da Deputación, desde a educación, cultura, lecer, deporte, etc., porque os beneficios da igualdade afectan a toda a sociedade”.

Durante a anterior lexislatura da Deputación elaborouse un completo plan de Igualdade, que permitiu coñecer a situación real na provincia a través dunha profunda diagnose, e vai permitir dirixir as actuacións nesta materia a través das políticas que se pretenden aplicar desde a Area de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Xuventude. A maiores do carácter transversal da política de igualdade, vanse poñer en marcha accións específicas que redunden na mellora das condicións de vida da muller a través dos colectivos que traballan con mulleres, segundo anunciou Veiga.

Exit mobile version