Site icon Crónica3.com A Mariña

Responsables da Deputación reuníronse cos colectivos que traballan con persoas con capacidades diferentes

Nota de prensa

ANTONIO VEIGA E MARIO OUTEIRO REUNÍRONSE CON REPRESENTANTES DE COLECTIVOS QUE TRABALLAN COAS PERSOAS CON CAPACIDADES DIFERENTES

LUGO, 20 de setembro de 2011. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, mailo delegado de Cultura, Mario Outeiro, mantiveron esta mañá no pazo de San Marcos unha reunión cos colectivos de toda a provincia que traballan con persoas con capacidades diferentes. O vicepresidente comentou que, partindo de que este ano haberá recortes nas partidas orzamentarias, “temos claro que, si hai unha partida na que se manterá o gasto, é no ámbito do Benestar Social”. “Partimos de que as políticas de Benestar son o terceiro piar sobre o que se fundamenta o estado de benestar, no mesmo plano que as políticas no ámbito sanitario ou educativo”, continuou Veiga.

Ademais deste aspecto, o vicepresidente subliñou que a economía do estado de benestar se articula vinculada necesariamente ao mantemento dos servizos públicos. “Unha prioridade é a creación de emprego, e as políticas de benestar poden supoñer unha oportunidade para manter as taxas de desemprego baixas” – comentou o vicepresidente – “de feito, países como Suecia contan cun 23% da súa poboación traballando en actividades relacionadas con este ámbito”.

Exit mobile version