Site icon Crónica3.com A Mariña

Os oíntes de Radio Burela (107.7 FM) poderán conseguir invitacións para os partidos laranxas en Vista Alegre

Nota de prensa

OS OÍNTES DE RADIO BURELA TERÁN INVITACIÓNS PARA OS PARTIDOS LARANXAS

A partir desta semana, os oíntes de Radio Burela (107.7 FM) poderán conseguir invitacións para os partidos laranxas en Vista Alegre, da Primeira División Feminina e da Segunda Masculina, ao longo de toda a tempada.

A emisora municipal, en antena dende comezos deste ano, agradecerá a fidelidade dos seus seguidores con entradas burelistas os luns, na ‘Tertulia de Fútbol’ (20.30 horas), e os mércores, no Taboleiro de Premios da ‘Mañá da Mariña’ (12.00 horas).

Exit mobile version