Site icon Crónica3.com A Mariña

Otero Regal resultou elixido vogal da Comisión Galega de Artesanía pola provincia de Lugo

COMUNICADO DE PRENSA
Otero Regal,  resultou elixido vogal da Comisión Galega de Artesanía, pola provincia de Lugo, tras o escrutinio dos votos, efectuado o pasado venres 23 de Setembro, na sede da Conselleria da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.
As eleccións presentabase tamén como candidata, do sector da cesteria  Idoia Cuesta, de orixe vasco, pero asentada en Lugo dende fai tempo.
Os resultados foron os seguintes:
Alfonso Otero Regal: 45 votos
Idoia Cuesta Alonso: 31 votos
O próximo mes de Outubro tomaran posesión os vogais , cargo que ocuparan durante os próximo catro anos.
A Comisión Galega de Artesanía é un ente consultivo, emanado da Lei de Artesania de Galicia, formado de forma paritaria por representantes da administración, Conselleria de Industria, Cultura, Traballo e Educación e por outro lado os representantes dos artesans, 4 a nivel provincial e 4 en representación das asociacións.
Otero Regal pretende convocar proximamente unha asamblea de artesans da provincia de Lugo, na actualidade son uns 600 censados, e tamen abrir unha paxina web e un foro para manter informado ó sector sobre as actividades representativas.

Exit mobile version