Site icon Crónica3.com A Mariña

Palestina e a ONU

PALESTINA E A ONU

Cando se fundou a ONU, en 1945, Palestina era un territorio administrado por o Reino Unido.

Naquelas datas tivo lugar unha crecente inmigración de Xudeus a Palestina co oposición dos habitantes árabes. Debido a crecente violencia o Reino Unido levou a cuestión de Palestina ante a ONU.

Así en Abril de 1947 constituíuse unha Comisión Especial das NU para Palestina. Palestina reclama a libre determinación d súa patria, así como o dereito a regresar os fogares que se viron obrigados a abandoar.

O 29 de Novembro de 1947 a través da resolución 181 (II) decídese a partición de Palestina, e apróbanse os seguintes puntos:
– A terminación do mandato británico
– A retirada progresiva do exercito británico.
– Fixar as fronteiras entre o estado Palestino, Israel e Xerusalén como unha entidade separada, desmilitarizada e baixo a responsabilidade da ONU.

A pesar dos intentos por acadar a paz, está non se logrou ata o día de hoxe. Sucedéronse varias guerras e modificáronse unha e outra vez as fronteiras.

Israel consígueo que a ONU os recoñecese como estado o 11-05-1949. Mentres que Palestina non o logrou ata o día de hoxe.

Mahmud Abbas, o presidente da autoridade palestina, vai pedir estes días a admisión de Palestina como Estado Independente número 194 da ONU.

Me temo que non o vai a conseguir. A ONU e algo que crearon os países ricos para dar cobertura legal a súa política internacional baseada só e exclusivamente en intereses económicos.

Así non hai ningún problema para aprobar unha resolución para invadir Libia, enmascarando o acordo como unha invasión necesaria para protexer a poboación civil. E dedícanse a protexer a poboación civil lanzando milleiros de bombas en cidades e instalacións de todo tipo.

En cambio non son capaces de tomar una acordo para recoñecer o Sahara ou a Palestina. A diferenza e que en Libia hai moito petróleo e de moi boa calidade, mentres que en Palestina e no Sahara non.

Iso sí, os presidentes dos países que antes recibían a Gadafi a corpo de Rei, agora arrímanse o Consello Nacional de Transición (os novos mandatarios) en busca dos novos contratos petrolíferos.

Mesmo Sarkozy e Cameron xa visitaron Libia. Quixeron ser os primeiros para defender os intereses dos seus países.

Canta hipocrisía hai no mundo. E a ONU non se salva. E unha pena.

Fdo.: O FAREIRO DE FOZ

Exit mobile version