Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Xunta di que construir un auditorio e “o maior investimento cultural na provincia” de Lugo

Nota de prensa:

O presidente da Xunta afirma que “esta cidade e esta provincia o merecen” e di que Lugo “non podía quedar fóra da programación cultural e do compromiso do Goberno”

FEIJÓO DESTACA QUE CO INICIO DA CONSTRUCIÓN DO AUDITORIO DE LUGO SE PON EN MARCHA “O MAIOR INVESTIMENTO CULTURAL QUE SE FIXO NA PROVINCIA”

Lembra que esta obra, “longamente esperada”, vai dar lugar a un edificio que se integra na paisaxe, no que 1.200 persoas poderán ver, disfrutar e seguir “un Lugo de congresos e de concertos; un Lugo de cultura”
Resalta que esta infraestrutura vénse a sumar as melloras que esta cidade e a provincia levan experimentando, nestes últimos anos, como o Plan Impulsa Lugo, o parque empresarial das Gándaras, o novo transporte metropolitano, o novo treito da Rolda Leste e a posta en funcionamento dun dos grandes hospitais de España

Lugo, 19 de setembro de 2011.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mediodía, que co inicio da construción do Auditorio de Lugo se pon en marcha “o maior investimento cultural que se fixo na provincia”. “Esta cidade e esta provincia o merecen. Lugo non podía quedar fóra da programación cultural e do compromiso do Goberno”, sentenciou.

Feijóo lembrou que esta obra, “longamente esperada”, vai dar lugar a un edificio que se integra na paisaxe, no que 1.200 persoas poderán ver, disfrutar e seguir “un Lugo de congresos e de concertos; un Lugo de cultura”. “Esta ladeira que mira á cidade se vai a converter no templo cultural da provincia. Hoxe, podemos ver como se poden superar as dificultades e se pode iniciar un novo camiño”.

Durante unha visita ás obras, o presidente da Xunta resaltou que esta infraestrutura vénse a sumar as melloras que esta cidade e a provincia levan experimentando, nestes últimos anos: “Viron como nacía o Plan Impulsa Lugo, que supón dicirlle a calquera emprendedor que se quere investir en Galicia o faga en Lugo; o Plan Impulsa Lugo non ten outro obxectivo que conquerir emprego e investimento. Viron, recentemente, tamén como medraba exponencialmente o solo adicado ao desenvolvemento económico de Lugo co parque empresarial das Gándaras; como se poñían as bases a un novo transporte metropolitano para facilitar e abaratar o transporte público, como poñiamos a disposición un novo treito da Rolda Leste e como poñiamos a funcionar un dos grandes hospitais de España”.

Exit mobile version