Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia di que non conta cunha autorización de Medio Ambiente para a dragaxe da darsena de Foz

REFERENCIA

O presidente de Portos de Galicia e o alcalde de Foz comprobaron o avanzado estado das obras da
da nova lonxa

Santiago, 10 de setembro de 2011.- O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, e o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, realizaron unha visita ás obras de construción da nova lonxa do municipio. Durante o percorrido comprobaron o avanzado estado dos traballos, que se atopan xa na súa fase final de execución.

Así mesmo, Durán Hermida, interesouse polas necesidades portuarias do Concello de Foz, mostrando a súa vontade de estudar a viabilidade do proxecto de reorganización da zona portuaria. O presidente de Portos de Galicia profundizou na proposta de ordenación das superficies que o Goberno local está a impulsar.

Finalmente, José Juan Durán, ratificou a necesidade existente de execución dunha dragaxe na dársena do porto focense, reiterando a situación de bloqueo existente ao non contar Portos de Galicia coa autorización para o punto de vertido, que debe outorgar o Ministerio de Medio Ambiente. Durán insistiu en que Portos ten realizada dende hai meses a petición de autorización sen obter resposta.

Exit mobile version