Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentan no Valadouro a “XXIV Feira do mel” e “Copa federación de cabalos de andadura”

Nota de prensa
Presentación en Valadouro da Feira do mel e copa federación de cabalos de andadura

O vindeiro sábado, 8 de outubro de 2011 como ven sendo habitual nos últimos anos, o segundo sábado de outubro, vai a ter lugar diante do antigo matadoiro de Ferreira a XXIV edición da Feira do Mel. Nela contaremos con stands de postos de mel, degustación de produtos elaborados con base de mel, feixós con mel,…. pan de cea,…

O mel de O Valadouro tivo numerosos premios ó longo da historia de mel de Galicia e este ano en colaboaración Concello do Valadouro (organizador do evento) con APREVAL e a Federación Hípica Galega convidamos a todos/as aficioados ou non o mundo do cabalo a presenciar as Carreiras de Cabalos de Andadura na que se competirá pola Copa Fedaración Hípica Galega que se celebraran durante a mañan, coas seguintes probas:

XIII COPA FEDERACIÓN HÍPICA GALEGA DE CABALOS DE 2 TEMPOS
XIII COPA FEDERACIÓN HÍPICA GALEGA DE CABALOS DE 4 TEMPOS
IV COPA FEDERACIÓN HÍPICA GALEGA DE CABALOS TROTÓNS

6 PREMIOS POR CATEGORÍA

O remate das probas celebrarase unha comida con todos os comites organizadores e concursantes que colaboraron no Campeonato Galego de 2011, donde se disputara a Asamble Xeral Da Federación Hípica Galega na Modalidade de Andadura.

Contaremos coa presencia da directiva da Federación Hípica Galega entre eles o Presidente Carlos Dominguez e o Vocal de Andadura Joaquin Gonzalez Troncoso., tamén contaremos coa presencia do noso gran compañeiro e colaborador Xacobo Perez, e estará un invitado sorpresa da Real Academia Galega moi vinculao o mundo dos Cabalos de Andadura.

Hoxe ás 10:00 da mañá tivo lugar a presentación no parque concepción arenal, diante do antigo matadoiro de ferreira, as distintas actividades que van a ter lugar o vindeiro sábado dia 8 de outubro.

Exit mobile version