Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron o programa da homenaxe póstuma a Francisco Fernández del Riego en Lourenzá

Nota de prensa
Presentación homenaxe póstuma a Francisco Fernández del Riego en Lourenzá

O Alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez-Sierra, e a Concelleira de Cultura, Guadalupe Flórez, veñen de presentar o programa de actos que conforma, no seu conxunto, o acto de homenaxe póstuma que o Concello de Lourenzá lle quere rendir ao seu Fillo máis ilustre, D. Francisco Fernández Del Riego, uns dos máximos referentes do mundo cultural e intelectual de Galicia.

A mencionada homenaxe, está enmarcada dentro do conxunto de actos da XXI Edición da Festa da Faba; que se celebrará os vindeiros 30 de setembro, 1 e 2 de outubro. Dentro do programa, a xornada do venres, será a escollida para levar a cabo este recoñecemento póstumo a Don Paco, que xa fora recoñecido polo Concello laurentino en novembro de 2001, cando se lle concedera o título de “Fillo Predilecto”.

Por todo isto, dende o Concello de Lourenzá, preséntase esta xornada, que se recolle no seguinte programa:

ACTO DE HOMENAXE PÓSTUMA A D. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Venres, 30 de setembro de 2011

17:00 – Misa recordatorio (Igrexa de Santa María de Valdeflores)

17:40 – Ofrenda floral na escultura de Fernández del Riego (Praza do Conde Santo)
(Colaboración musical do cuarteto Souto Xímaro)

18:00 – Acto oficial de Homenaxe Póstuma (Salón de Actos da Casa da Cultura), coas seguintes intervencións:
* Vidal Martínez-Sierra López (Alcalde do Concello de Lourenzá)
* Representante da familia Fernández del Riego
* Manuel Román Ramos e Xosé López González (coautores do libro sobre o homenaxeado, “Lume aceso”, que se presenta neste acto)
* Roberto Varela Fariña (Conselleiro de Cultura e Turismo)
* Jesús Vázquez Abad (Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria)
– Colaboración musical: Mayra Rico Oral e Lino Rico Fernández
– Recitado poético: Esperanza Pérez Camba e Xosé López González

19:00 – Inauguración da exposición “Francisco Fernández del Riego: unha vida por unha cultura e un país” cedida polo Concello de Vigo (Sala de Exposicións)

19:15 – Visita á Sala de Fernández del Riego (Biblioteca Pública Municipal Juana de Ibarbourou)

Exit mobile version