Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentáronse 23 obras ao XV concurso de fotografía Festa da Faba de Lourenzá

Nota de prensa:
Rematado o prazo de presentación o pasado martes día 20

O CONCELLO DE LOURENZA RECIBÍU A DÍA DE HOXE 23 TRABALLOS PARA PARTICIPAR NO XV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA FESTA DA FABA

Como en edicións anteriores premiaránse dúas series, Temática Libre Lourenzá e Temática Libre

A entrega de premios estará presidida polo Conselleiro de Presidencia

A Exposición fotográfica atoparase ubicada no Claustro do Mosteiro de San Salvador, donde tamén poderán encontrar a exposición “Tempos de Xogar”

Lourenzá, 24 de Setembro do 2011.- A Concelleira de Médio Rural de Lourenzá, Emma Alvarez, deu a coñecer o número de traballos presentados no Concello de Lourenzá para participar no XV Concurso Fotográfico Festa da Faba enmarcado na programación da XXI FESTA DA FABA.

O número de traballos presentados ascende a 23 e corresponde a outros tantos participantes que aportan ao concurso un centenar de fotografias inéditas unhas en branco e negro e outras en cores cunhas medidas comprendidas entre un tamaño mínimo de 20 x25 cm e máximo de 30 x 40.

Como en edicións anteriores premiamos dúas series de fotografías:

Temática Libre Lourenzá – Categoría A: estará formada por unha serie de fotorgrafías donde todas elas deben ser representativas, recoñecibles, distintivas e identificativos do Concello de Lourenzá, o premio é de 500 €

Temática Libre – Categoría B: serie fotográfica baixo un mesmo tema pero sin restricción, o premio é de 200 €

O fallo do Xurado darase a coñecer o sábado día un as 12:45 horas no interior do Claustro do Mosteiro de San Salvador, acto de entrega que estará presidido por Alfonso Rueda, Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, unha vez proceda a Inauguración oficial da XXI Festa da Faba

A Exposición dos traballos presentados poderán vela no propio Claustro do Mosteiro, onde ademáis estarán ubicados 38 expositores de distintos puntos da xeografía Galega e inclusive de fora, que representarán diversos sectores: artesanía en madeira, ferro, cestería, pratería, xoiaría, comprementos, cosmética natural, cerámica, coiro, instrumentos musicais, alimentación (adegas vinícolas, apicultura, queixerías, …).

Por outra banda, dentro do propio recinto, no Claustro do Pozo Santo estará ubicada a Exposición “Tempo de Xogar” composta de xoguetes tradicionais e incluíndo obradoiros adicados a público en xeral os dous días da festa pola mañá.

Os ideadores de “Tempo de Xogar” son Xosé López González e Xosé Manuel García, veciños de Lourenza. A exposición está composta de xoguetes elaborados con productos da nosa flora, e ten como finalidade recordar aos máis veteranos os xogos de cando eran nenos, e aos nenos de hoxe en día os xogos cos que se criarion os seus páis e avós.

Exit mobile version