Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentouse en Cervo o IV Mac Giver-Campionato de surf & body

Nota de prensa:
IV MAC GIVER — CAMPEONATO DE SURF & BODY

Onte tivo lugar na praia da Limosa (San Ciprián) a presentación do IV MAC GIVER — CAMPEONATO DE SURF & BODY, que terá lugar o vindeiro sábado, 24 de setembro (sempre e cando as condicións do mar o permitan).

Ao acto de presentación asistiron os concelleiros José Ramón Soto (Deportes), Begoña Alonso (Medio Ambiente) e Pilar Álvarez (Igualdade e Xuventude), xunto con Evaristo Blanco, membro do Club Limosa Surf. Ámbalas partes detallaron e intercambiaron impresións do evento deportivo que terá lugar este fin de semana.

Sobre o campeonato sinalar que o cheking terá lugar as 09:00 horas da mañá, polo que se agarda que pouco despois os participantes xa se mergullen na auga.

Por outra banda salientar que dentro das actividades deste campionato de surf que organiza o Club Limosa Surf, as Delegacións de Medio Ambiente, de Igualdade e de Deportes do Concello de Cervo anuncian que terá lugar unha xornada de “Goce co deporte e respeto co medio ambiente”. Esta actividade abrangue que os participantes e os voluntarios leven a cabo un acondicionamento medioambiental da praia da Limosa e da súa contorna.

Reflectir que a organización e o Concello entregarán premios polas diversas actividades que se desenvolvan ó longo da xornada.

Exit mobile version