Site icon Crónica3.com A Mariña

O CeMIT en Burela impartirá cursos de procesador de textos e Twitter

Nota de prensa

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA COMEZARÁ A IMPARTIR 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 3 AO 9 DE OUTUBRO

Burela, 29 de setembro de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará 2 cursos na vindeira semana.
O día 3 de outubro iniciarase o curso “Alfabetización dixital: Twitter” co que se amosará o funcionamento da Rede Social “Twitter”. Este curso rematará o 10 de outubro e o seu horario será de 16 a 17 horas.
O día 5 comezará o curso “Alfabetización dixital: Procesador de Textos” co que se amosará a crear documentos co procesador de textos libre “OpenOffice Writer”. Dito curso rematará o día 17 e o seu horario será de 11 a 12:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version