Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxecto ríos organiza a IV Xornada de limpeza simultánea de ríos o domingo 2 de outubro

Nota de prensa

PROXECTO RÍOS ORGANIZA A IV XORNADA DE LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS O DOMINGO 2 DE OUTUBRO
Aumenta o número de concellos e entidades participantes

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2011. Un ano máis o Proxecto Ríos, promovido por ADEGA organizan a cuarta limpeza simultánea en ríos, desta volta será o primeiro domingo de outubro día 2. A limpeza vai en aumento e nesta xeira realizarase en 39 treitos de río distribuidos en 37 concellos e coa colaboración de 48 entidades. A día de hoxe xa están apuntadas máis de 500 persoas, e dende o Proxecto Ríos consideramos moi significativa a implicación da cidadanía na conservación dos cursos fluviais.

Un dos problemas máis agravantes que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. A pesares de levar xa tres campañas de limpeza, seguen aparecendo moreas de plásticos e entullos, elementos case habituais nos cursos fluviais e en moitos dos nosos montes. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. Por iso, a limpeza non é unha iniciativa illada dun día de retirada de lixo, senon que se enmarca dentro das actitudes responsables cara a conservación do medio natural e dos ecosistemas fluviais. O coidado e o respeto polo entorno farían innecesarias actividades como esta, ahí que depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os nosos ríos.

O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais. Ademáis creouse unha páxina web específica http://limpeza.proxectorios.org/ con información sobre a limpeza, os grupos participantes e contacto dos coordinadores/as. Como nas anteriores limpezas entre o voluntariado repartiranse camisetas específicas co lema Móllate polos ríos.

Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, e tamén para proporcionar material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. Os anos anteriores retiráronse un total de 18 toneladas de lixo (estimadas) de orixe diverso (neveiras, rodas, radiografías, colchóns…). Por este motivo queremos agradecer a colaboración dos seguintes municipios: Arbo, Arzúa, Caldas de Reis, Cambre, Carral, Santiago de Compostela, Cuntis, Fene, Lalín, Muxía, Ordes, Ourense, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, San Sadurniño, Pobra de Trives e Valga. Lamentar tamén que outros concellos non foran quen de apoiar esta iniciativa e dar soporte (luvas, bolsas, etc) a unha actividade de participación cidadá, como exemplo o concello de Vigo o máis grande de Galiza e que conta cun dos ríos máis contaminados, o Lagares. A actividade está financiada por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras (Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe) que dan soporte ao Proxecto Ríos e colabora tamén nesta limpeza a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Destacar igualmente a implicación das 48 entidades así como dos voluntarios e voluntarias, e agradecer que se sumaran a esta iniciativa xa que sen a súa colaboración esta actividade sería imposible.

A continuación podes consultar as entidades e os concellos donde se realizará a IV Limpeza simultanea de ríos.

concello grupo
1 A Estrada Asoc. A Xesteira

Asoc. pola Defensa do Val do Liñares

Asoc. de Veciños “A Sobreira” de Callobre

Asoc. de Mulleres Rurais de Barreira (Río Bo)

2 A Merca Asoc. Xuvenil Xoldreira
3 Arbo Concello de Arbo
4 Arteixo ADEGA Coruña
5 Arzúa ADEGA Alto Ulla

Concello de Arzúa

Asoc. de pescadores amigos do Iso

6 Betanzos ADEGA Coruña
7 Caldas de Reis Asoc. Cultural Xesús González Aboi
8 Cambre Oficina de voluntariado do concello de Cambre
9 Carral Concello de Carral
10 Catoira C. M. V. M. C. San Miguel de Catoira
11 Carnota ADEGA Costa da Morte
12 Compostela ADEGA Compostela
13 Cospeito Asoc. Revolta Natural
14 Cuntis Asoc. Cultural “O Fervedoiro”
15 Fene AETNA
16 Forcarei Asoc. Moz@s de Forcarei

C.M.V.M.C. San Miguel de Presqueiras

A Hortiña da Ponte

Asoc. Entreríos

Asoc. Cult. Pataqueiros de Millerada

Élida (Taberna do Tato)

17 Lalín Concello de Lalín
18 Lugo ADEGA Lugo
19 Mañón Asoc. Cultural Barqueirock
20 Melide Asoc. De Pescadores do Río Furelos
21 Moraña Asoc. Cultural “O Arrieiro”
22 Muxía Concello de Muxía
23 Neda Asoc. Social Néboa
24 Ordes ADEGA – Ordes
25 Nigrán APERTA
26 Ourense ADEGA – Ourense
27 Ponteareas Plataforma pola defensa do Tea
28 Pontecesures Concello Pontecesures
29 Pontevedra Vaipolorío

Fundación Juan XIXII

ADEGA-Pontevedra

30 Quiroga
31 Redondela Concello de Redondela
32 Ribadumia Colectivo Ecoloxista do Salnés
33 Salceda de Caselas Asoc. Trezecatorze
34 San Sadurniño Concello San Sadurniño
35 Trives AMPA O recreo
36 Valga Concello Valga

37

Vigo ADEGA Vi
Exit mobile version