Site icon Crónica3.com A Mariña

Refundación da peña Deportivista de Burela

Nota de prensa:

Como sinala o R.C. Deportivo de A Coruña na súa páxina web, a Peña Deportivista de Burela foi refundada.

Co que unha das peñas deportivista máis veteranas, pois a súa fundación data do 13 de abril de 1993, volta a actividade con Francisco Fraga Paleo “Patxeco” coma Presidente; Luís Fernández Balseiro “Luís do Sargo” coma Vicepresidente; Antonio Castro Fraga “Toni” coma Secretario e de Tesoreiro figura Mario Pillado Mon “Pinche”.

O local social continuará ubicado no Restaurante O Sargo, na rúa Rosalía de Castro nº 2 de Burela.

Este vindeiro sábado día 24 haberá unha nova quedada para gozar do partido do Depor en Alcorcón a partires das 18:00hs, así que animamos a tod@s deportivistas a que se acerquen até o local social para gozar do partido.

En vindeiros días dárase máis información oficial sobre o tema da cota de socios (que roldará os 25€), cando terá lugar o acto de reinauguración da Peña (no mes de outubro) e que xogadores e directivos do clube nos acompañarán. Para calquer dúbida ou para anotarse coma socios poden contactar cos membros da xunta directiva, pasar polo local social ou no correo da peña deportivistaburela@hotmail.com, onde se lles dará máis información.

Exit mobile version