Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan cunha festa as actividades organizadas por Gaia para nenonos e nennas no Concello de Burela

Nota de prensa

CUNHA FESTA PIRATA REMATAN HOXE AS ACTIVIDADES DE VERÁN QUE ORGANIZARON PARA OS NENOS O CONCELLO DE BURELA E GAIA.

Burela, 2 de setembro de 2011. Cunha festa pirata, que dará comezo ás 11 desta mañá, rematan hoxe as actividades de verán que organizaron para os nenos o Concello de Burela e a aula medioambiental Gaia. Durante os meses de xullo e agosto en horario de 9 a 14 horas 50 rapaces disfrutaron de xogos, obradoiros ou apoio escolar, ademáis de participar en varias saídas polas praias ou parques. Os meniños estiveron divididos en dous grupos, por unha banda os de 2 a 5 anos e por outra os de 6 a 12.

A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, tildou de éxito ditas actividades que “fixeron as delicias dos máis pequenos e que axudaron aos seus pais a conciliar a vida familiar e laboral ao longo destes dous meses”. Os nenos realizaron manualidades con materiais de refugallo, fixeron pintura no chan, globoflexia, papiroflexia e murais, participaron en xogos populares, de mesa, de auga e de animación, ademáis de contar con actividades de animación á lectura e de apoio escolar e con obradoiros de plastilina ou escaiola, entre outros.

Durante este verán os rapaces que acudiron ás actividades de Gaia foron á praia do Portelo a facer voar cometas, a limpar o areal e a coñecer a fauna e a flora do litoral, ademáis de reflexar a súa praia ideal no concurso de debuxo Así é a miña praia. Os nenos visitaron tamén outros areais e repartiron cinceiros ecolóxicos entre os usuarios das mesmas; coñeceron de cerca o barco museo Reina del Carmen e achegáronse ao parque do hospital para prantar algunhas especies e regar as plantas existentes. “En definitiva achegáronse un pouco máis ao noso entorno natural e concienciáronse da importancia de coidalo e de respetalo”, subliñou a edil popular.

Exit mobile version