Site icon Crónica3.com A Mariña

Seguen en Burela as actividades da Semana Europea da Mobilidade

Seguen en Burela as actividades da Semana Europea da Mobilidade. Hoxe de 16:30 a 18:30 horas haberá circuito de karts no pavillón dos institutos e ás 19 horas ensaio público da asociación Batuko-Reventola na praza da Mariña. Para mañá mércores están previstas varias actividades. De 17 a 19 horas “Dispara a gol” co clube de fútbol sala na praza da Mariña na que participarán os xogadores e xogadoras do Burela FS, que entregarán balóns firmados por eles/elas aos que acudan a esta cita e regalarán invitacións para asistir ao encontro que disputarán o Burela FS Pescados Rubén e o Ponte Ourense.. De 16:30 a 18:30 horas circuito de bicicletas no pavillón dos institutos e tamén de 16:30 a 18:390 horas lectura colectiva organizada pola asociación cultural Vagalume na praza do Concello.

Na xornada de onte luns os nenos de 4º de primaria do colexio Vista Alegre participaron na actividade denominada “Paseando ao colexio”. Segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, “sairon do centro ás 10 da maña, e a pé e acompañados por un policía local chegaron ao Concello, onde recibiron información sobre educación vial. Un policía local tamén lles fixo a proba de alcoholemia. A continuación os rapaces visitaron o Concello e entraron no despacho do alcalde. O circuíto de bicis de pola tarde foi un éxito total, aínda que os nenos prefiren utilizar os karts, polo que alternamos circuítos en bicicleta con circuítos en karts”. O ensaio público do grupo de corda da Escola de Música realizóuse finalmente na escalinata de entrada á Casa da Cultura, “xa que aquí o sonido dos instrumentos é mellor que na praza”. A este ensaio acercáronse un grupo de xente (entre 20 e 30 persoas) que estiveron moi atentos ás explicacións de Xan Carballal, o director da Escola de Música, e á interpretación de distintas obras por parte dos rapaces do grupo de corda. Xan Carballal explicou en primeiro lugar as funcións dun director de música e tamén cada unha das obras, “en definitiva, intentou que os asistentes coñecesen un pouco máis como é un ensaio da Escola por dentro”.

Exit mobile version