Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre a reforma da Constitución

SOBRE A REFORMA DA CONSTITUCIÓN

Todos sabemos que o noso pais ten unha importante débeda, como a maioría dos países europeos, que debe de tratar de reducir.

Para reducir a débeda só temos dous camiños: ou aumentar os ingresos ou reducir os gastos.

Para aumentar os ingresos pódense tomar varias medidas, entre outras, podemos citar as seguintes:

Aumentar o número de traballadores co que aumenta o número de cotizantes e redúcese o número de persoas que reciben axudas.
Aumentar os impostos co cal co mesmo número de traballadores se xeren máis recursos.
Aumentar a produtividade o que fai que co mesmo número de traballadores se xeren máis recursos.

O goberno non é capaz de xerar emprego e aumentar a produtividade é bastante difícil, e máis cando os traballadores estamos desmotivados e sufrindo continuas perdidas de dereitos: conxelación salarial, aumento da idade de xubilación e número de anos de cotización, etc. En canto ao aumento dos impostos, o goberno sabe que a crase traballadora non seriamos capaces de soportar un novo aumento dos impostos, e os únicos que poderían soportalo, os ricos e a banca, non se atreve a subírllelos, sen saber ben porque.

Así que o goberno dado que non pode xerar mais ingresos decidiu controlar o gasto, algo que por si non ten por que ser malo, aínda que reducir o gasto sempre supón perda de dereitos, obras e calidade de vida. Para controlar o gasto o goberno chegou a un acordo co PP para facer unha reforma da Constitución e recoller na mesma dito control do gasto.

A min esta reforma constitucional para o recoller o control do gasto xérame unha dubida e un posicionamento en contra. A saber:

– A dubida é que unha vez acordado reducir o gasto que partidas se van ver reducidas para controlar dito gasto. Temo que a sanidade e a educación van ser dúas delas. Eu penso que tanto a educación como a sanidade non deberían sufrir recorte algún. E tamén pregunto si necesitamos tantos concellos, tantas deputacións, tantos deputados provinciais, tantos gobernos autonómicos, tantos deputados autonómicos, tantos conselleiros autonómicos, etc

– O posicionamento en contra é a forma en que se fixo a reforma constitucional. A Constitución foi aprobada por referendo popular, e penso, que o mesmo referendo popular se debe de facer para reformala. Se non se fai así a norma perde forza ao ser aprobada por un menor grado. Alguén pode pensar que os Deputados son os representantes legais dos cidadáns, e iso é certo, pero cando os cidadáns eliximos os deputados, elixímolos como membros dunhas candidaturas e con uns programas concretos, e non para que fixeran o que lles ven en gaña.

E de programas, promesas electorais e fraudes electorais xa falaremos outro día.

O Fareiro de Foz

Exit mobile version