Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre o suceso acaecido na praia de Llas, o PSOE explica que o servizo de socorrismo en Foz terminou antes do que se viña finalizando nos últimos 20 anos

Nota de prensa

O grupo municipal do PSdG-PSOE de Foz quere manifestar a súa opinión sobre o suceso do veciño de Bande- Ourense afogado na praia de Llas na nosa localidade.

É certo que unha desgracia pode pasar en calquera momento, pero temos que manifestar que o servicio de socorrismo nas praias de Foz terminou este verán antes do que se viña finalizando nos últimos 20 anos e isto, puxémolo encima da mesa na Corporación nun pleno celebrado no Concello, dicíndolle o Alcalde que non se podían tomar esas decisións a lixeira e que negociara cos socorristas como tódolos anos para alargar os prazos de cobertura nas praias.

O Alcalde e o equipo de goberno non fixeron caso, polos motivos que sexa.

O Alcalde manifestou os medios de comunicación, faltando a verdade, que o socorrismo durou o mesmo que tódolos anos, entendemos que non se pode mentir nin xogar con estas cousas polo que, vamos a pedir un informe a Secretaría do Concello, no que se certifique cando comezaron, cando remataron e canto tempo de duración tiveron os contratos do servicio de socorrismo nas praias os anos 2006, 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011.

O mesmo tempo dicir, que esperamos que se teñan en conta as opinións da corporación e dos distintos grupos en temas que teñen moita transcendencia social, polo ben da cidadanía.

Exit mobile version