Site icon Crónica3.com A Mariña

Traballadores do 061 de Foz temen a desaparición total do actual servizo tras eliminar a quenda de noite

Nota de prensa

Despois de 13 dias sen o turno de noite da ambulancia asistencial do 061 de Foz confirmamos en retrospectiva o que xa nos temìamos dende un principio,a saber:

-Os tempos de asistencia da zona antes cuberta pola asistencial de Foz aumentaron considerablemente no horario no que non està dispoñible debido a que a Central de Coordinaciòn vese na obriga de enviar ambulancias cercanas,sobre todo a de Burela a zonas como poden ser Benquerencia ou San Martiño.Loxicamente os tempos son maiores porque,como era de esperar,a ambulancia medicalizada que supostamente nos iba a cubrir,estaba en base.
-A UVI mòvil,a segunda ambulancia de Foz,estivo parada en base na maior parte deses servicios porque non lle correspondìan (en principio).Sabemos dun caso dunha menor de idade que tivo unha pèrdida de consciencia e tivo que ser asistida pola ambulancia asistencial de Burela mentras que a UVI estaba en base.Debemos recordar que o tempo mìnimo de asistencia Burela-Foz son 12 minutos.Nòs poderìamos facer esa asistencia en 3.O incidente produciuse uns 10 minutos antes de que a asistencial de Foz estivese operativa.¿Què pasarìa se esa pèrdida de consciencia fose por un motivo grave ou incluso por unha parada cardiorrespiratoria?
-Sabemos de servicios na franxa de tempo lìmite (entre as 21:30 e as 22:00) que son retrasados intencionadamente pola Central de Coordinaciòn non sabemos moi ben con què intenciòn asì como servicios à nosa zona en horario operativo que son asignados a outras asistenciais.Moito nos tememos que a intenciòn ùltima è a de restar servicios à asistencial de Foz para xustificar unha eliminaciòn total desta amparàndose na sua baixa actividade.A pesar de todo a ambulancia de Foz (asistencial) sò è superada en nùmero de servicios pola de Viveiro (ainda asì eliminan o turno de noite).

Despois dunhas semanas de intensas movilizaciòns,xestiòns e conversaciòns con xente vinculada dalgunha ou outra maneira ò 061 podemos decir a dia de hoxe que sabemos exactamente o motivo real polo que a ambulancia de Foz non traballa polas noites:era necesario manter a ambulancia medicalizada e a Consellerìa non viu mellor opciòn que desviar parte dos cartos destinados à asistencial,unha medida que nos parece claramente improvisada e moi pouco meditada.Està claro que ese è o motivo real,moi lonxe do manifestado por certos polìticos que vian na maniobra unha optimizaciòn do servicio.Optimizaciòn que non ten sentido ningùn cando sò se fai en dous puntos moi concretos da xeografìa galega:Pontevedra e Foz.Se a “optimizaciòn” fose o motivo ùltimo de todos estos recortes està claro que afectarìa à moitos màis vehìculos do 061.Os recortes en Educaciòn non se fixeron,dende logo,en sò dous colexios…È por iso que reclamamos unha mellor xestiòn do 061 para evitar incidencias graves no futuro debido à falta de ambulancias.

Dende aquì animamos òs usuarios do 061 a denunciar calquera irregularidade que poidesen detectar para facerlle ver à Consellerìa o erròneo da decisiòn pois sabemos que tales incidencias existen.

Os traballadores da base asistencial 061 de Foz.

Exit mobile version