Site icon Crónica3.com A Mariña

Últimas prazas para o curso “Saúde Ambiental Ambiental” que reunirá en Sarria a prestixiosos poñentes

Nota de prensa:
Últimas prazas para o curso “Saúde Ambiental Ambiental” que reunirá en Sarria a prestixiosos poñentes

– É a pioneira iniciativa en España que contribúe ó desenvolvemento sostible das economías locais coa que volta a colaborar a institución dentro da aposta polo medioambiente

– Técnicos da institución arrancarán este luns a formación que impartirán 23 recoñecidos profesionais ata o día 22 e a que se engaden 4 mesas redondas ademais de visitas prácticas

– Parados, estudantes, asociacións e traballadores das administracións poden formular a súa solicitude, que custa 30 euros, no 982-53-50-50 ou en medioambiente@sarria.es

Segue aberto o prazo de inscrición para o XLVIII Curso de Saúde Ambiental enmarcado no Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles coa que colabora a Deputación. Trátase da pioneira xornada en España que busca contribuír ó desenvolvemento sostible das economías locais e que acollerá Sarria dende o 19 ó 22 de setembro. Estudantes universitarios e dos ciclos educativos de formación profesional de carácter ambiental, funcionarios e responsables políticos dos Concellos participantes (O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Portomarín, Samos, Triacastela, Lugo e Monforte de Lemos), representantes de asociacións sen ánimo de lucro e parados poden solicitar unha das últimas prazas no 982-53-50-50 ou en medioambiente@sarria.es e omix@sarria.es. A cota de inscrición é de 30 euros.

O xornada conta co respaldo da Sociedade Española de Sanidade Ambiental e da Asociación Española de Ciencias Administrativas. Ademais, está en proceso de tramitación para lograr que a USC conceda 1 crédito de libre configuración. Os seus participantes recibirán a publicación do Libro de Relatorios e un diploma.

Está composta por 4 mesas redondas: A xestión sostible dos recursos naturais como factor do desenvolvemento socioeconómico e de benestar social na provincia de Lugo ; a xestión das augas na provincia de Lugo; a xestión dos residuos, o seu reciclaxe, reemprego e valorización; o eixo Lugo- Sarria- Monforte no camiño cara a sostibilidade. Ademais, inclúe visitas prácticas a Cementos Cosmos, Fontecelta, roteiro por Foz das Aceas, ETAP e EDAR municipais de Sarria, planta de transferencia de residuos urbanos e punto limpo, tamén no municipio sarriano.

Participarán 23 poñentes de recoñecido prestixio, procendentes da USC, UV E UPM, así como altos cargos, técnicos das administracións, xestores de entidades e empresas relevantes en Galicia. Precisamente, o día do seu inicio, o 19 de setembro, serán profesionais da Deputación de Lugo quenes arrinquen as xornadas formativas, dando a coñecer as medidas desenvoltas pola institución para xerar riqueza mediante o medioambiente.

Sarria o seu escenario

Sarria é nesta ocasión escenario do curso, sendo a 11º vez que a provincia lucense acolle esta pioneira iniciativa en España que xa é un referente ambiental en Galicia logo da súa celebración en 47 capitais de comarca e cidades galegas. Deste xeito, celebrouse cronoloxicamente en: municipios e comarcas de Padrón, Ponteareas, O Carballiño, Carballo, Vilagarcía de Arousa Monforte de Lemos, A Estrada, Caldas de Reis, Noia , Pontevedra, Narón, Viveiro, Ribeira, Ourense, Lugo (entidade local), Pontedeume, O Barco, Vigo, Vilalba, Silleda, Verín, Betanzos, Ribadeo, Ribadavia, Cangas, Arteixo, Chantada, Allariz, Cambados, Lalín, Celanova, Burela, Santiago de Compostela, Ordes, Xinzo de Limia, Lugo (ámbito provincial), A Coruña, Guitiriz, Castro Caldelas, Ferrol, Ponteareas, Foz, Ourense, Ortigueira, Baiona, Cospeito e Ourense (ámbito provincial), para agora chegar a Sarria.

Exit mobile version