Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de focenses irán a Cantabria e Euskadi e participarán en diversos actos

Nota de prensa

Un grupo de Focenses desprazarase a vindeira fin de semana a terras Cántabras e Vascas, encabezados polo Ex – Alcalde de Foz, José María García Rivera.

Efectivamente como tódolos anos esta comitiva vai a participar no desembarco de Carlos V, en Laredo, encontraranse cos amigos de Santurce que visitan tódolos anos Foz polo mes de maio para elaborar o marmitaco. Na súa visita iran a Victoria para coñecer a cidade en compañía de amigos de Foz residentes nesta capital e visitarán Eibar, onde o sábado 24 de setembro se celebra o día de Galicia en Euskadi.

Según Rivera, tamén se aproveitará esta viaxe para falar e cambiar impresións coas persoas que sempre os acolleron moi ben por esas terras e informalos da nova situación política do noso Concello, para que cando veñan en Maio a Foz se poidan facer as correspondentes presentacións dos novos gobernantes focenses.

Aínda que a expedición está cerrada por cuestións relativas o aloxamento, si alguén desexa viaxar pode chamar o teléfono 982 133 606 e buscaríaselle acomodo.

Exit mobile version