Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ pide a urxente execución das obras na Carretera da escola de Fazouro e a reparación do camiño da Fonte Cega

Nota de prensa

SR ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside ,Ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercicio do dereito Fundamental , recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:

Que por parte do anterior Goberno Municipal, procedeuse a reparación parcial dunha pista de acceso dende a Escola de Fazouro ata a Crta de Lousada, quedando pendente obras de mellora que consideramos urxentes antes da chegada das chuvias do inverno, como son taluzar o ribazos, limpeza de cunetas, deixar posto tubo de saneamento lado dereito, rematar o asfaltado e instalar unha rejilla no enlace coa carretera LU 131 Fazouro -San Acisclo para recoller as augas e que non invadan a carretera mencionada.

Que colindante coa Crta LU 131 no lugar da Granxa en Fazouro hai unha fonte chamada Fonte Cega, que os veciños empregan para coller auga para consumo e que o camiño de acceso a mesma está totalmente deteriorado é resulta un perigo inminente pola altura que hai de desnivel.Por todo isto
SOLCITA:

A urxente execución das obras mencionadas na Carretera dende a Escola de Fazouro ata a Crta de Lousada en Fazouro, así como a urxente reparación do camiño de acceso a Fonte Cega en Fazouro.

Exit mobile version