Site icon Crónica3.com A Mariña

O adestrador do Burela FS e o director da ED EON Burela FS participaron nunha xornada no IES Monte Castelo

Nota de prensa:
VISITA DE QUIQUE GARCÍA E ALFONSO MERA AO IES MONTE CASTELO

O alumnado do IES Monte Castelo compartiu o inicio escolar onte pola mañá co adestrador do Burela FS Pescados Rubén masculino, Quique García, e o director da ED EON Burela FS e preparador físico da entidade, Alfonso Mera, nunha xornada dedicada á actividade física e a saúde.

Un total de 85 estudantes de 3º e 4º da ESO do centro burelao achegáronse aos beneficios fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais da práctica deportiva da man de Alfonso Mera. O técnico Quique García tamén fixo referencia ao deporte como motor da integración, convivencia e tolerancia e ao percorrido que existe entre o deporte recreativo e o deporte competitivo, así como á imaxe de diferentes clubs e de deportistas profesionais.

Exit mobile version