Site icon Crónica3.com A Mariña

Rompeolas-3

ROMPEOLAS- 3

En setembro de 1986 (hai 25 anos) saía á rúa o Nº 3 de Rompeolas, voceiro do Clube Náutico de Foz. Na habitual Carta do Presidente, este daba conta de que se realizaban obras acondicionando o servicio de bar e de que se creara o Clube de Xadrez que, cos xogadores, foran federados para participar no Campionato Galego de Xuvenís, Na primeira páxina dúas fotos, unha (1930) do barco de cabotaxe “Toñín” cun grupo de vraneantes a bordo, entre eles o escritor e xornalista don Xosé Trapero Pardo e outra deste asinando no Libro de Ouro de que dispuña o Náutico para que nel deixaran a pegada os persoeiros da cultura que pasaran polo domicilio social, así como o comentario de Moncho Ermida, alumno de 8º de E.X.B, titulado “Fin do vran”.

Outras colaboracións: “ Foz, pinceladas históricas”, de J. C.Pulpeiro, “ o porto de Foz, factoría romana de pesquería” e “ antes de chamarse Foz, chamouse Moreda”. .“Recobra la mar sus velas”, de Trapero, na que dí: “…sigo complacido las evoluciones que los jóvenes miembros del Club realizan jugando con el viento y vela sobre una pequeña tabla en las dársenas, en la ría o en mar abierta. Hermosa estampa. Más hermosa aún cuando a la silueta de la tabla y vela se une la de una bella sirena focense, que deja que flote al viento en cabellera. Vuelve a la mar así la belleza que había perdido…”

“As vendedoras nos tempos de Faneca” de X. de Socorro, en verso, que remata así: “Non tiñan coche nin burra/ as que iban coa bacía/ e encima da cabeza/ levaban a mercancía,/ Non podían comer de fonda / as que iban coa bacía/ pois por moito que ganaran / era pouca a mercancía./ A ganancia que traían/ cando viñan de vender / era un pouco de touciño/ e patacas para comer… ”.

Dábase conta do fallo do Concurso de Fotografía na que participaran nove socios. Os gañadores foran: 1º Luis Abad; 2º Alfredo Barros e 3º Juanel Ponte. O xurado, presidido por Suso Fernández, presidente, e secretaria a do Clube, Mari Carme Moreda, ambos sen voz nen voto, e os profesionais Sergio de Burela e Pérez de Ribadeo, e o aficionado Agustín Rey A entrega de premios tivo lugar na I Cea Social do Clube Náutico, moi concurrida e animada. Advírtese tamén que o 8 de outubro inícianse as clases de gaita para socios que imparten Os Santiños, gaiteiros integrados no Clube Náutico. No último mes aumentaran en 22 o número de socios.

Suso Fernández

Exit mobile version