Site icon Crónica3.com A Mariña

38 participantes na tirada de bolos no club social de Palmeiro da liga de Xove

NOTA DE PRENSA

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 2ª  TIRADA

(Club Social de Palmeiro – Sábado, 15 de outubro 2011)

CAMPEONATO DE BOLOS DE CLUB PALMEIRO   (15 OUTUBRO 2011  ) 38   INSCRITOS:   21  NA LIGA SENIOR,     8 NA LIGA SUB 16  E     9  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 200 12
SEGUNDO LUIS RANCAÑO BOUSO 195 10
TERCEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 193 8
CUARTO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 181 7
QUINTO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 180 6
SEXTO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 179 5
SÉTIMO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 179 4
OITAVO AUGUSTO ALBO OCAMPO 175 3
NOVENO JOSE VIGO LAGE 172 2
DÉCIMO MODESTO ALBO VIDAL 172 1
MELLOR BOLADA ARTURO VIGO CASABELLA 92 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 86 6
SEGUNDO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 72 4
TERCEIRO SAMUEL REY ÁLVAREZ 62 3
CUARTO GONZALO FERNÁNDEZ SILVA 59 2
QUINTO CRISTÓBAL RIVAS CAMPO 39 1
MELLOR BOLADA DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 43 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 117 6
SEGUNDO BELÉN MEITÍN ROUCO 66 4
TERCEIRO CARMEN MARTÍNEZ GARCÍA 60 3
CUARTO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 51 2
QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 51 1
MELLOR BOLADA CARMEN ROCA CORRAL 56 1

-Tarde moi agradable cun sol expléndido. 38 inscritos: 21 na Liga Senior Masculina, 9 na liga Senior Femenina e 8 na Liga Sub 16.

Liga Senior Masculina.- Victoria dunha das grandes promesas dos bolos en Xove; non é outro que Cristian Rodríguez Baño, xove xogador  que hai dúas tempadas proclamárase campión galego e que sigue cunha gran progresión; o problema de Cristian é que tamén xoga ao fútbol e seguramente non poderá compatibilizar ámbalos dous deportes; así e todo, gran tirada a que realizou esta tarde. Segundo foi Luis Rancaño, o que lle permite ocupar a segunda posición na clasificación xeral. O terceiro posto de Arturo Vigo fai que, grazas ao segundo posto da semana pasada, encabece a clasificación.  O ata esta semana líder non participou, dahí que Omar Cabrera perderá o liderato. Ata este intre, os xogadores están rodándose e tentando coller forma despois de varios meses de parón.

Liga Senior Feminina.- Dúas das grandes favoritos ao trunfo final xa comezan a tomar posición na cabeza, e deste xeito Belén Meitín con 11 e Carmen Roca con 9 encabezan a clasificación. Votamos en falta nesta clasificación a outra das grandes, Dolores Baño, quen volveu a ter unha tarde nefasta e inda non atopou o seu punto de xogo; esperemos que Dolores se recupere e escale posición para ocupar o lugar que cremos lle corresponde.

Liga Sub 16.- Nesta Liga temos dous destacados, encabezando conxuntamente a clasificación. Isaias Cardoso e Daniel López con 11 puntos comparten o liderato; Recordamos que estes dous xogadores xa tiveron un importante protagonismo na temporada pasada, xa que Daniel foi terceiro na xeral e Isaias cuarto.  Un terceiro xogador podería  estar neste intre disputándolles os primeiros postos, e  este é Samuel Rey, xogador con grandes cualidades físicas e un excelente potencial, pero fáltalle centrarse e coller un pouca máis de rodamento.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE O VINDEIRO SÁBADO, 22 DE OUTUBRO DE 2011.

Exit mobile version