Site icon Crónica3.com A Mariña

A ANPA do CEIP Castro de Ouro de Alfoz participou na xunta da COFAPA co conselleiro de Educación

Nota de prensa

No mes de septembro botouse a andar a ANPA do CEIP CASTRO DE OURO DE ALFOZ, despois de vinte anos sin existir neste centro. Botouse a andar cando a educación está a pasar un dos momentos mais difíciles, momentos de recortes nos presupostos educativos que poden traer graves consecuencias para o futuro dos nosos fillos.

O pasado sabado o presidente é a vicepresidenta da ANPA trasladaronse a Coruña a unha reunión organizada pola Confederación de ANPASde Galicia (COFAPA) co conselleiro de educación, trasladandolle a problemática que está a sufrir o colexio de Alfoz, no cal se suprimiron tres profesores este ano co mismo número de alumnos ademais de non ter profesorado especialista en necesidades educativas especiais (AL e PT) tendo nenos matriculados con demanda destas especialidades e as cales solicitaran a conselleria para este colexio e para o colexio veciño do Valadouro tamén con esta necesidad en colaboración coa ANPA do Valadouro, ademais trasladaronlle a problemática que teñen os colexios do rural donde os nenos se ven obligados a compartir dous cursos a misma clase mermando asi a sua educación debido AOS recortes que están a realizar,
O próximo martes miembros da ANPA acudiran a manifestación que se celebrará en Foz en defensa do ensino representano tamén a federación de apas de lugo (FAPACEL) da cal dita APA é socia.
Como próximos proxectos terán unha próxima reunion coa direccion do centro para acordar proxectos conxuntos por que creen que a educación é cousa de todos e os pais teñen que sumar na educación en colaborando cos profesores.

José Andrés vidal orol
Presidente da ANPA CEIP CASTRO DE OURO

Exit mobile version