Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación cultural Ledicia de Burela organiza unha Semana Cultural con múltiples actividades

Nota de prensa

EMANA CULTURAL LEDICIA 2011
Festival de folclore

Sábado 29 de outubro, ás 19:00 h. no Auditorio Municipal

Grupo de Coros y Danzas BESANA, de Valladolid
Asociación Folclórica SAN XIAO DO TREBO, de Cariño (A Coruña)
Sociedade Cultural LEDICIA, de Burela (Lugo)

II Serán de Ledicia

Sábado 29 de outubro, a partir das 22:30 h., na antiga praza de abastos

Unha versión diferente da música tradicional … participa … teremos queimada!!!

Aprendendo do pasado

Xoves 3 de novembro, ás 17:30 h. , na Confraría de Pescadores de Burela

Visita ó Arquivo histórico da Confraría de Pescadores de Burela

Actividade para nen@s ata 12 anos que lles permitirá coñecer o noso pasado mariñeiro a través de xogos e actividades didácticas.

Sábado 5 de novembro, ás 11:30 h., na estación de Feve

Visita ó Centro Cultural Regal-Xunqueira de Viveiro

Actividade familiar: viaxe en tren ata Viveiro – levaremos bocata para comer alí- pola tarde visita guiada e talleres no Centro Cultural e volta en tren ata Burela.

Importante: Para ambas actividades é preciso anotarse antes do 31 de outubro, e no caso da viaxe a Viveiro, as persoas que non sexan socias pagarán unha cota de 10 €.

Exposición

Dende o 4 ata o 18 de Novembro no Centro comercial Porto Plaza; exposición dos traballos da tempada 2010/2011 dos cursos de Patchwork + Manualidades, Bordado, Frivolité, Pintura e Bolillos+ Calceta

Organiza: S.C.R Ledicia

Colaboran: Concello de Burela – Confraría de Pescadores de Burela – Os Molineros

Exit mobile version