Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación veciñal O Tesón de Ribadeo fixo un percorrido por San Martiño, a Frouxeira e San Estevo do Ermo

Nota de prensa

Crónica curta dunha viaxe aproveitada

O sábado 29 de outubro a asociación de veciños O Tesón realizou unha viaxe social a San Martiño de Mondoñedo. A primeira parada do recorrido foi a visita da basílica, guiada por D. José Mª Rodríguez, que despois de centrar historicamente a S. Martiño, desgranou a historia das tres etapas da súa construción e demais características.
A continuación, o grupo pasou polo estudo do escultor e artista disciplinar Caxigueiro, onde recibiu explicación sobre o proceso seguido por varias das súas creacións.
O seguinte lugar visitado foi a Frouxeira, onde novamente José Mª Rodríguez trazou a historia coñecida do castro.
Despois de comer, o grupo visitou a zona de Sto. Estevo do Ermo antes da súa volta a Ribadeo.

Exit mobile version