Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CEMIT de Burela comezará a impartir dous cursos de alfabetización dixital

Nota de prensa:
A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA COMEZARÁ A IMPARTIR 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 10 AO 16 DE OUTUBRO

Burela, 3 de outubro de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará dous cursos na vindeira semana.
Está programado que o día 10 se inicie un curso dirixido á xuventude de Burela. O curso será “Creación dun blog” e con el se amosará a crear e manter un blog persoal coa ferramenta de Internet “Blogger”. Este curso ten previsto rematar o día 26 e o seu horario será de 19 a 20 horas.
O día 13 de outubro comezará o curso “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática” co que se dotará, aos asistentes, das destrezas necesarias para manexar un computador dun xeito básico. O curso rematará o día 3 de novembro e impartirase en horario de 16 a 17 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.burela@xunta.es

Exit mobile version