Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula Cemit de Ribadeo oferta cursos de alfabetización dixital e xornadas de búsqueda de emprego na rede

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE RIBADEO ACOLLERÁ DOUS CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL DURANTE O MES DE OUTUBRO E UNHAS XORNADAS SOBRE A BÚSQUEDA DE EMPREGO NA REDE.

Ribadeo, 11 de outubro de 2011. A aula Cemit (Telecentro) do Concello de Ribadeo acollerá diversas actividades ao longo deste mes. Segundo explica o concelleiro de Mocidade e Sociedade da Información, Xavier Campos, “entre o 17 e o 25 de outubro celebrarase un curso de iniciación a internet para maiores. Será en horario de 11:00 a 12:30 horas os días 17, 18, 19, 20, 24 e 25 de outubro. Este curso está pensado para adultos que cuns coñecementos mínimos do manexo do ordenador queiran descubrir o mundo de internet. Haberá un total de 8 prazas. O prazo para inscribirse está aberto ata o vindeiro venres, 14 de outono”.

O edil nacionalista indicou que “o mesmo día 17 de outubro, pero en horario de tarde, comezará un curso de iniciación á informática. Terá lugar os días 17, 18, 19, 24 e 25, dende as 16:00 horas ata as 17:30 horas. Este curso vai dirixido a persoas que non tiveran ningún contacto co mundo da informática, e servirá para familiarizarse co manexo do ordenador como ferramenta. Tamén servirá de enlace para poder iniciarse máis adiante con internet. Contará con 8 prazas e o prazo de inscrición remata este venres”.

Por outra banda, os días 26, 27 e 31 de outubro terán lugar unhas xornadas sobre a búsqueda de emprego en internet. Están dirixidas a desempregados, contarán con 8 prazas. O prazo para inscribirse vai do 13 ao 21 de outubro. Os interesados en recibir máis información sobre calquera destes cursos, e para inscribirse, poden pasarse polo telecentro, sito na rúa Antonio Otero, 15 – 2ºandar, ou ben chamar ao 982 120 732.

Exit mobile version